A produción propia, O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira emisión en liña que o público poderá desfrutar de maneira gratuita e con interpretación en linguaxe de signos.
Etiqueta: Salón Teatro
O charco de Ulises
O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.
O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
O CDG emitirá espectáculos en liña grazas a un novo sistema de streaming
Esta instalación, que equipara o Salón Teatro con outros espazos internacionais, está composta por catro cámaras con calidade 4k e permitirá documentar as montaxes e a súa difusión.
Cámara Negra estrea ‘Clausura do amor’ no Salón Teatro
A compañía Cámara Negra estrea en coprodución co CDG o espectáculo Clausura do amor, de Pascal Rambert. A estrea terá lugar o xoves 17 de setembro ás 20.30 horas no Salón Teatro, con funcións o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 e o domingo 20 ás 18.00. Clausura do amor é texto […]
O CDG retoma a actividade pública coa estrea de ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’
O espectáculo de Verdeveras Expresións Artísticas, creado e interpretado por María Ángeles Iglesias, poderá verse en Santiago o sábado 4 de xullo, ás 20:30, e o domingo 5, ás 19:00. O Centro Dramático Galego (CDG) reabrirá as portas da súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, coa estrea o sábado 4 e […]
La Quintana Teatro estrea ‘O premio’ de Santiago Cortegoso, este xoves
A compañía La Quintana Teatro estrea este xoves 12 de marzo, no Salón Teatro de Compostela, O premio, unha obra de Santiago Cortegoso dirixida por Marián Bañobre. O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, […]
A compañía IO sobe ao escenario do Salón Teatro con ‘4 segundos’
A acción física e o movemento, con gran peso das acrobacias, son o motor desta peza, con ambientación sonora en directo. O Centro Dramático Galego (CDG) ábrelle as portas do Salón Teatro de Santiago á Compañía IO, que esta fin de semana representa alí o seu espectáculo 4 segundos, no que mestura novo circo, […]
Talía Teatro ocupa o Salón Teatro de Compostela
A compañía Talía Teatro ocupa durante toda esta semana a carteleira do Salón Teatro de Compostela, onde está a desenvolver pases matinais para escolares de tres dos seus espectáculos, ademais de ter programadas catro funcións xerais dun deles, Vida de cans, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26. Cándido Pazó volve colaborar […]
Aporía e Talía ofrecen teatro e obradoiros para a cativada da man do CDG
O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por cuarto ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese os días 28 e 29 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, arredor […]
Limiar Teatro estrea en Galicia ‘Se fosen turistas levarían gafas de sol’
Fran Núñez dirixe esta comedia que reflexiona sobre a emigración pasada e presente e que poderá verse do 11 ao 21 de decembro na sede do CDG en Santiago, tras a súa estrea en Montevideo o pasado mes de outubro. Limiar Teatro estrea en Galicia este xoves 12 de decembro, no Salón Teatro de […]
O documental ‘La gran boda 2.0’ estréase hoxe no Salón Teatro de Compostela
O Salón Teatro de Compostela presenta hoxe o documental La gran boda 2.0, realizada pola asociación de teatro inclusivo La Quinta del Arte. Rodado na madrileña praza de Lavapiés, o filme é unha falsa voda entre dúas persoas con discapacidade e nel participaron máis de 70 actores con e sen diversidade funcional (afeccionados e profesionais). Pode […]
Náufragos Teatro presenta ‘Karelu’ no Salón Teatro de Compostela
A montaxe, interpretada por Denis Gómez e Santi Cuquejo, aborda as marcas que a violencia e a rixidez nas relacións paterno-filiais deixan na vida adulta. O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta fin de semana a compañía galega Os Náufragos Teatro co seu último espectáculo, Karelu, no que aborda os efectos dunha […]
‘O furancho’ de Ibuprofeno Teatro, no Salón Teatro de Compostela
Marián Bañobre e Isabel Risco preséntalle ao público o Furancho Spa Resort Vitivinícola Rosalía de Castro como metáfora gastronómica do sector teatral galego. A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel […]