in

O CDG abre a inscrición para as novas visitas teatralizadas ao Salón Teatro

Polo 25º aniversario da recuperación e apertura do edificio, da man da compañía Galeatro

Visitas teatralizadas Salón Teatro
Imaxe dunha das visitas teatralizadas ao Salón Teatro celebradas en marzo deste ano. Foo da Agadic.

O CDG vén de abrir a inscrición para participar nas visitas dramatizadas de celebración do 25º aniversario da recuperación e reapertura do Salón Teatro. Nelas, da man da compañía Galeatro, o público poderá somerxerse na historia deste edificio, que pasou a ser teatro público e sede do Centro Dramático Galego en 1999. Trátase dunha nova oportunidade para afondar nos segredos do edificio e do teatro, despois da boa acollida que tiveron as que o CDG e Galeatro ofreceran en marzo polo Día Mundial do Teatro.

Estas visitas propoñen un percorrido polos diferentes espazos do Salón Teatro, moitos deles reservados aos artistas e equipos técnicos; ao tempo que inclúen anécdotas e curiosidades destes 25 anos de historia en común.

Datas e horarios dispoñibles en outubro

  • Domingo 6: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00
  • Luns 7: ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 h
  • Martes 8: ás 11:00, 12:00, 16:00 e 17:00 h
  • Domingo 13: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00 h
  • Luns 14: ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 h
  • Martes 15: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h
  • Domingo 20: ás 11:00, 12:00, 13:00 e 14:00 h
  • Luns 21: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h
  • Martes 22: ás 19:30, 20:15, 21:00 e 21:45 h

Reservas

A reserva de prazas pódese facer de xeito telefónico chamando ao número 881 867 229, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.


Publicidade

Visitas teatralizadas Salón Teatro 2
Foto grupal das visitas teatralizadas ao Salón Teatro celebradas en marzo deste ano. Foto da Agadic.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Mulleres que viven soas' © Vanessa Rabade

Berrobambán estrea ‘Mulleres que viven soas’ no FIOT de Carballo

Presentación TerceiroActoCDG 2024 reducida

O Salón Teatro acolle a reestrea de ‘Terceiro acto’