in , , , ,

Berrobambán estrea ‘Mulleres que viven soas’ no FIOT de Carballo

Este sábado, 5 de outubro, ás 20.00 horas

'Mulleres que viven soas' © Vanessa Rabade
'Mulleres que viven soas'. Foto de Vanessa Rábade.

A estrea absoluta da nova peza da compañía Berrobambán, en coprodución co FIOT de Carballo, Mulleres que viven soas, terá lugar este sábado, 5 de outubro, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo. Será a función de apertura do Programa de Sala da 33ª edición do festival, que está a desenvolver dende o pasado 26 de setembro un programa que se estenderá ata o vindeiro 31 de outubro.

Neste 2024, o FIOT establece unha alianza coa compañía galega Berrobambán, para esta estrea “na que se integran dous dos eixes constantes do festival, a narración oral e a temática feminina”. A autora da obra é Paula Carballeira, Xograresa de Outono do FIOT, que o ano pasado sumou aos seus numerosos galardóns o Premio Nacional de Literatura Dramática.

A orixe deste proxecto é unha sesión de contos de autora que, posteriormente, medraría cunha serie de podcast que recollen experiencias e retratos íntimos de mulleres. Agora convértese nunha comedia híbrida entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo, tres das contadoras de historias máis relevantes do país, que darán voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.


Publicidade

A peza presentouse oficialmente onte, nun acto no que participaron o equipo artístico da obra e máis o director do FIOT, Alberto Sueiro; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e a concelleira de Cultura de Carballo, Maruxa Suárez.

Sinopse

“As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Tres mulleres son as protagonistas, as tres bruxas de Macbeth na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Xa se sabe, as bruxas, coa súa teima de liberdade e de coñecemento, asustan”.

O equipo

Interpretación: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo
Podcast: Xiana Arias
Escenografía: Montse Piñeiro
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

oniricamecanica rumbo

A Sala Ártika acolle pezas de Murcia e Cataluña da Red de Teatros Alternativos

Visitas teatralizadas Salón Teatro

O CDG abre a inscrición para as novas visitas teatralizadas ao Salón Teatro