A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns Un total de 30 espectáculos e máis […]
Etiqueta: Berrobambán
A sala Ingrávida entrega este sábado o premio Coiro de Pita
Este sábado 13 de xullo, a partir das 20:00, a Sala Ingrávida do Porriño entrega o premio Coiro de Pita, que lle outorga o público da sala á mellor montaxe teatral da programación de cada tempada. A madriña e o padriño da sala, Mariana Fernández e Tatán R. Cunha farán entrega do premio á compañía eleixida polos […]
Berrobambán estrea ‘Doppelgänger’
O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título […]
O CDG presenta agora a temporada 2018-2019
O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a programación da temporada 2018-2019, protagonizada por cinco coproducións con compañías privadas e por Neorretranca e Posmorriña, o único espectáculo que a unidade de teatro público producirá este ano. O centro presenta os seus proxectos cunha parte do programa xa executada e cando xa se coñecían os detalles de […]
Malasombra presenta dúas das súas obras máis coñecidas no Salón Teatro de Compostela
Xoque Carbajal e Jouse García regresan á sede do CDG para poñer en escena Go On! o venres 18 e D.E.P. Descanse en paz o sábado 19. A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go […]
Edicións Positivas publicará ‘Doppelgänger’, de Paula Carballeira
Edicións Positivas anuncia a publicación de Doppelgänger, de Paula Carballeira. A obra, que se estreará o vindeiro 24 de xaneiro no Salón Teatro, é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego, resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases. A primeira etapa de investigación e […]
O teatro que vén en 2019
Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019. O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]
A Deputación da Coruña apoia dezanove proxectos culturais singulares
Unha proposta integral para visibilizar as mulleres na historia, un festival arredor do mar, un repositorio documental, unha iniciativa que une a cultura galega e catalá da “arroutada á rauxa”, unha plataforma de performance, unha orquestra de malabares ou unha revista dixital son algúns dos proxectos que a área de Cultura da Deputación apoia a […]
Berrobambán estrea ‘A carreta pantasma’ en Narón
O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado, ás 20,00 h., a estrea de A carreta pantasma pola compañía Berrobambán, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Paula Carballeira protagoniza A carreta pantasma, un espectáculo de narración oral –que forma parte, así mesmo, da carteleira do Festival Singular en Feminino-, […]
Festival ‘Singular en feminino’ en Narón
A partir do próximo día 8 de marzo e ata o 17, o Festival Singular en Feminino programará cinco monólogos protagonizados por mulleres no Auditorio e no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. As instalacións do Pazo permanecerán iluminadas de cor malva na xornada do 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional das […]