in

O CDG presenta agora a temporada 2018-2019

invisibles1 |

O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a programación da temporada 2018-2019, protagonizada por cinco coproducións con compañías privadas e por Neorretranca e Posmorriña, o único espectáculo que a unidade de teatro público producirá este ano. O centro presenta os seus proxectos cunha parte do programa xa executada e cando xa se coñecían os detalles de case todas as funcións que terán lugar no Salón Teatro.

O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), segundo os responsabeis do centro. Así, arredor deste dous eixos xira Neorretranca e posmorriña, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía n. 5 en Sol Maior ou Non, de Esther Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.

No acto tamén se anunciaron as coproducións: Doppelgänger, montaxe sobre a duplicidade interior e exterior escrita por Paula Carballeira e dirixida por Chiqui Pereira para Berrobambán xunto a compañía colombiana El Arca de N.O.E. Estrearase este mesmo xoves 24 de xaneiro no Salón Teatro. O 28 de febreiro chegará a segunda estrea de coprodución: A compañeira de piso, de Contraproducións. A peza, dirixida por Vanesa Sotelo a partir do texto de Jen Silverman, estará protagonizada por Rebeca Montero e Patricia Vázquez.

Publicidade

Xa en maio chegará Invisibles, coprodución do CDG, Redrum e a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra. A montaxe, xa estreada no pasado mes de novembro, leva a escena o libro homónimo de Montse Fajardo coa dirección de Marián Bañobre e a interpretación de Nieves Rodríguez, Sheyla Fariña e Mela Casal. Ese mesmo mes, o día 25, o coreógrafo Javier Martín presentará a coprodución Soma, unha “experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como fragmento e rito”. E para pechar o apartado de coproducións, Limiar Teatro chegará en decembro con Se fosen turistas levarían gafas de sol, un espectáculo sobre as migracións e a memoria que conta co apoio do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa e Comedias do Minho (Portugal), Festival de Teatro de Baía Blanca e Compañía Nacional de Fósforos (Arxentina), Centro Cultural Ignacio Espino (Uruguai), Universidade Okan de Istambul (Turquía) e Comitato 10 Febbraio (Italia).

Rspecto á colaboración e intercambio coas compañías privadas, ademais de ás devanditas cinco coproducións, o CDG ofrécelles a súa sede e a asistencia técnica do seu equipo aos colectivos artísticos que participan na edición 2018-19 de En Residencia. Por este programa pasaron xa Inversa Teatro con Sofía e as postsocráticas e Proxecto Pank + Funboa Escénica con tres proxectos: Masa madre + sal marinaEso que vi e O que segue. Proximamente farano Artesa Cía. con Chola a It Girl, Colectivo Marciano Balboa con O inevitable, peza programada polo festival Escenas do Cambio da Cidade da Cultura de Galicia, e Redrum Teatro con A nena que quería navegar Contos do recreo, ademais de coa devandita coprodución Invisibles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ResidenciasParaiso19 |

O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2019

noroeste30anos |

Proxección de ’30 anos actuando’, o documental sobre Teatro do Noroeste, en Compostela