in

O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2019

ResidenciasParaiso19 |

Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Un programa que sucede grazas a unha rede de colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto.

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. É por isto que resulta fundamental abordar o concepto de residencia artística, entendendo esta como un espazo e un tempo adicado á investigación ou creación e, polo tanto, sen obrigatoriedade de elaboración dunha peza artística concluída.

O maior valor do programa de Residencias Paraíso é que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. As tipoloxías dos distintos espazos favorecen a acollida das diversas fases dun proxecto artístico, como por exemplo a fase de investigación, a de escritura, o traballo dramatúrxico, a creación coreográfica, así como residencias de carácter técnico.

Publicidade

Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto. Desta forma o CONCELLO DA CORUÑA, o CONCELLO DE LUGO, o CONCELLO DE NARÓN, o CONCELLO DE OURENSE, o CONCELLO DE CARBALLO, o CONCELLO DE SANTIAGO, a VICERREITORÍA DO CAMPUS DE PONTEVEDRA da UNIVERSIDADE DE VIGO e o CONCELLO DE RIBADAVIA, suman forzas para a construción desta nova edición do programa.

 

​10 ESPAZOS COLABORADORES EN 2019

  • Teatro Rosalía de Castro da Coruña
  • Auditorio Municipal de Ourense
  • Fundación Luis Seoane da Coruña
  • Pazo da Cultura de Carballo
  • Pazo da Cultura de Narón
  • Vello Cárcere de Lugo
  • Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela
  • Sala X na Facultade de Belas Artes de Pontevedra
  • Teatro Colón da Coruña
  • Igrexa Santa María da Magdalena e/ou o Auditorio Manuel María da Casa da Cultura de Ribadavia

 

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Creadores/as de danza e artes vivas de creación contemporánea.
  • Con maior ou menor traxectoria.
  • Artistas con sede en Galicia e no resto do territorio nacional.
  • Terán prioridade os/as artistas residentes no territorio galego.
  • Poderán presentarse artistas seleccionados/as no programa do ano anterior, sempre e cando no sexa co mesmo proxecto seleccionado en edicións anteriores.

 

TEMPORALIDADE

  • As residencias ocorrerán entre abril e novembro de 2019.
  • A duración de cada residencia será de entre dúas e tres semanas.
  • A convocatoria está aberta entre o 21 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2019.
  • A selección farase pública na web do Colectivo RPM antes do 6 de marzo de 2019 trala confirmación
    cos/as artistas seleccionados/as.

 

OBRIGAS DOS/AS ARTISTAS SELECCIONADOS/AS

Publicidade
  • Presentar unha memoria explicativa da estancia cun marxe de 15 días dende o final da residencia.
  • Facer constar a imaxe do Colectivo RPM, da Axencia Galega das Industrias Culturais, da Xunta de Galicia e do propio espazo anfitrión no material de difusión do proxecto.
  • Cumprir a normativa de uso específica de cada un dos espazos onde se realice a residencia.
  • Todos/as os/as integrantes de cada proxecto seleccionado deberán estar dados/as de alta na Seguridade Social durante o período da residencia.
  • Participar do encontro anual co resto de artistas seleccionados/as nunha xornada aberta ao público o 23 de novembro de 2019 na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta (Santiago de Compostela).

 

ENCONTRO RESIDENCIAS PARAÍSO 2019

A Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela acollerá o día 23 de novembro de 2019 o encontro anual de Residencias Paraíso 2018, coa participación de cada un/unha dos/as artistas residentes e dosespazos colaboradores do programa, onde compartiremos as claves de cada experiencia en residencia nunha xornada aberta ao público.

 

IMPORTE

  • O importe total destinado para este programa é de 20.000 euros (impostos incluídos).
  • Cada proxecto en residencia contará cunha dotación económica de entre 1.500 e 3.000 euros (impostos incluídos) en función das características de cada proxecto seleccionado (persoas involucradas no proxecto, duración da residencia, etc…)
  • O aloxamento, desprazamento e manutención corre a cargo das persoas residentes.
  • Realizarase un pagamentoo fraccionado do seguinte xeito:
    – Entrega da primeira factura polo 50% do importe total durante o periodo de residencia. (*)
    – Entrega da segunda factura polo 50% restante tralo encontro previsto ao final do programa con todos os/as participantes (*) e a entrega da memoria xustificativa do período de traballo (que deberá entregarse nos quince días posteriores ao remate da residencia).

(*) No caso das residencias que suceden entre abril e agosto de 2019 axustaranse as porcentaxes de pagamento de modo que a primeira factura sume o 75%, deixando o 25% restante para a segunda factura.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Formulario de inscrición online.
  • Dossier de proxecto: documento cos detalles da investigación ou proxecto a realizar, nomeando, se fose o
    caso, outros colaboradores ou apoios cos que conte o proxecto.
  • Traxectoria das persoas involucradas no proxecto con enlaces de vídeo de proxectos anteriores.
  • Programación expandida: documento explicativo das propostas de diálogo coa comunidade e o espazo
    anfitrión en relación ao seu proxecto de investigación ou creación.
  • Os documentos incluiránse no formulario de inscrición online por medio dun enlace de descarga (por
    exemplo dropbox, google drive ou calquer servidor elexido que permita a súa descarga).

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A selección dos proxectos será levada a cabo por unha comisión formada por tres profesionais das artes vivas do panorama local e nacional e dous artistas do Colectivo RPM.

Cómpre sinalar que en función dos proxectos presentados e da dispoñibilidade dos espazos algunhas residencias poderían quedar desertas.

A selección do espazo de residencia para cada un dos proxectos seleccionados pola comisión levarase a cabotendo en conta as características fundamentais de cada proxecto así como a dispoñibilidade de datas do/a artista do espazo. Aínda que non o se pode garantir en todos os casos, o criterio de adxudicación tentará proporcionar tanto a tipoloxía de espazo desexado polo/a artista como o período idóneo para a estancia en residencia.

Valorarase a integridade e innovación artística da proposta, o grao de madurez e solidez do proxecto, a relación entre o proxecto e o territorio, así como as prácticas de programación expandida que poidan arroupar a estancia durante a residencia.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Patapatum |

O Fórum Metropolitano da Coruña estrea as tempadas de artes escénicas en pequeno formato

invisibles1 |

O CDG presenta agora a temporada 2018-2019