Illas Desertas ArtesaCía

ArtesaCía estrea ‘Illas Desertas’ en Tui

llas Desertas, de ArtesaCía, pretende habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír fóra, cando nace dentro de nós esa sensación de baleiro que o material non pode encher. Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia: a fallida volta ao mundo polo ecuador da aviadora Amelia Earhart, e a expedición antártica do explorador Ernest Shackleton.

Residencias Paraíso 2021

O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso

As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.

A Creación do Anticorpo

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.

As Residencias Paraíso 2020 escollen os seis proxectos artísticos da súa cuarta edición

As Residencias Paraíso 200 fan pública a selección dos seis procesos artísticos que o colectivo RPM acompañará en 2020. Despois de valorar 62 proxectos presentados, Shelter, Manodura, Teorema, H/Ostia, Carne de canción e O raro é que bailar sexa raro son os títulos dos proxectos que se desenvolverán en residencias de entre dúas e tres […]

O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2020

Residencias Paraíso celebra o seu cuarto ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia.   Este programa sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou […]

Xa se coñecen os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2019

Un total de 10 proxectos, para os que se reparten un total 20.000 euros, estarán residindo durante distintos períodos do ano nas correspondentes cidades galegas que debuxan o mapa do programa Residencias Paraíso, que o Colectivo rpm convocou por terceiro ano consecutivo. Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor de […]

O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2019

Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Un programa que sucede grazas a unha rede de colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. […]