As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Etiqueta: Colectivo rpm
Estrea de ‘Isto non é Berlín’, documental sobre a comunidade de artes vivas da Coruña
Isto non é Berlín, unha peza audiovisual sobre a comunidade de artes vivas da Coruña que estrean mañá no Centro Ágora da cidade herculina. A vontade do colectivo non é outra que a de visibilizar o enorme talento artístico da cidade a través do formato audiovisual, dando conta do invidivual e o transversal dos artistas que se dedican ás artes vivas.
Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas
O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
As Residencias Paraíso 2020 escollen os seis proxectos artísticos da súa cuarta edición
As Residencias Paraíso 200 fan pública a selección dos seis procesos artísticos que o colectivo RPM acompañará en 2020. Despois de valorar 62 proxectos presentados, Shelter, Manodura, Teorema, H/Ostia, Carne de canción e O raro é que bailar sexa raro son os títulos dos proxectos que se desenvolverán en residencias de entre dúas e tres […]
Obradoiro das Residencia Paraíso na MIT Ribadavia
A MIT Ribadavia acolle mañá venres 12 e o sábado 13 un obradoiro coa escenógrafa madrileña Irene Cantero, dentro das Residencias Paraíso. Esta é a primeira actividade do 35 aniversario e a primeira participación da MIT neste proxecto galego de apoio ás artes do movemento, con residencias por toda Galicia. Como peche desta residencia artística, […]
Xa se coñecen os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2019
Un total de 10 proxectos, para os que se reparten un total 20.000 euros, estarán residindo durante distintos períodos do ano nas correspondentes cidades galegas que debuxan o mapa do programa Residencias Paraíso, que o Colectivo rpm convocou por terceiro ano consecutivo. Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor de […]
Javier Martín presenta o seu ‘Método negro’ en Madrid
Método negro, a obra máis recente do coreógrafo galego Javier Martín, preséntase en Madrid os días 14, 15 e 16 de febreiro ás 20h:00 no Teatro de Conde Duque, seguida dun coloquio co público. Método negro (ver teaser) é a nova obra de Javier Martín, coreógrafo, bailarín e investigador galego cuxa traxectoria constitúe unha aposta firme […]
O Colectivo RPM abre a convocatoria para as Residencias Paraíso 2019
Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Un programa que sucede grazas a unha rede de colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. […]
Javier Martín inicia o programa de Residencias Paraíso con “Método negro”
O coreógrafo abre na Coruña o programa de Residencias Paraíso 2018. |Foto: Carlos Bernar| O Teatro Colón de A Coruña acolle desde o luns 26 de marzo e durante dúas semanas consecutivas o proxecto de investigación en comunidade e a residencia técnica de Método negro, do coreógrafo Javier Martín. A iniciativa, impulsada desde o […]
Oito novos proxectos de danza nas Residencias RPM
Seleccionáronse as propostas de Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde con Montse Piñeiro, e Federico Vladimir Strate Pezdirc con Pablo Esbert Lilienfeld A organización de Residencias Paraíso deu a coñecer onte os oito proxectos de danza que recibirán apoio económico e técnico na segunda […]
O Colectivo RPM abre o prazo para as Residencias Paraíso 2018
Paraíso 2018 abre convocatoria para acoller ata oito proxectos en residencia, cunha dotación de 18.000 euros en total, nos diferentes espazos colaboradores entre mediados de marzo e finais de novembro de 2018. O prazo de envío da información necesaria para participar nesta edición pechará o día 12 de febreiro e está aberta a artistas do […]
O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017
O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal […]