in ,

Pistoletazo de saída das Residencias Paraíso coa performance de Maria R. Soares

Residencias Paraíso Maria R. Soares
Imaxe: Sara Ferreira

O programa de Residencias Paraíso 2022 da o pistoletazo de saída coa residencia combinada do Centro Coreográfico Galego e o Teatro Rosalía Castro da Coruña que acollerán o proceso de creación da portuguesa María R. Soares titulado Void Void Void

A artista estará acompañada polo músico Antonio Marotta nun proxecto onde “traballarán nunha performance coreográfica e sonora nunha tentativa de crear unha paisaxe cósmica onde son, espazo e xesto se dilúen nunha soa materia”, din os organizadores.

Residencias Paraíso Maria R. Soares
Imaxe: Sara Ferreira

Mostra no Festival Primavera TRC Danza

Poderemos ver unha mostra aberta do seu traballo no Festival Primavera TRC Danza no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 12 de maio ás 20.30 horas.


Publicidade

Nesta ocasión, as portas do teatro ábriránse nunha mostra aberta para ver o proxecto en proceso de creación. Preséntase en formato performance, “onde se pensa, se observa e se actúa no espazo, considerando sempre a súa dimensión sonora e física, as súas variacións e extensións, a velocidade na que se transforma e evoluciona, mais, tamén, aquilo que podería ser e non é: o espazo imaxinario”.

Unha oportunidade para achegar ao público a unha investigación en proceso e coñecer máis a fondo o traballo artístico de María R. Soares, bailarina e performer, e do músico Antonio Marotta. Xuntos, baléiranse para ocupar o espazo, construíndo un espectáculo a través da amplificación e do rexistro, en tempo real, dos sons que habitan o espazo performativo (xa existentes ou provocados) e facendo a coreografía do xesto evolucionar en torno a esa paisaxe sónica.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A lúa vai encuberta

O Certame Manuel María confirma o seu éxito abrindo a terceira edición a novos proxectos teatrais

Butacas |

A Agadic resolve as subvencións para a modernización e xestión sustentable de espazos escénicos