in

A Agadic resolve as subvencións para a modernización e xestión sustentable de espazos escénicos

Butacas |

A Agadic vén de publicar a resolución de adxudicación das subvencións para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas de artes escénicas e musicais, a través da que inviste un total de 1 200 000 euros na mellora de 46 teatros, auditorios e salas de toda a Comunidade, 26 deles privados e 20 de titularidade pública.

É a primeira quenda de concesións no marco deste programa de apoio extraordinario, que terá continuidade cunha segunda convocatoria cara a finais de ano, en ambos casos baixo a xestión do departamento de Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU.

De acordo cos obxectivos de dixitalización, xestión sustentable e respecto medioambiental que persegue esta nova vía de apoio, a meirande parte dos proxectos subvencionados céntranse na renovación ou instalación de equipos dixitais de iluminación, vídeo e son, así como no reacondicionamento da caixa escénica ou na mellora dos sistemas de climatización, entre outras accións que deben levarse a cabo antes de que finalice 2022. A través delas, búscase tamén mellorar as condicións de traballo do persoal técnico e artístico, así como reforzar a calidade na exhibición dos espectáculos diante do público.

Publicidade

 

Espazos de 29 concellos

As destinatarias destas axudas son as entidades xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes da Administración local, situadas en 29 concellos das catro provincias. Na da Coruña impúlsase a mellora de 23 espazos: Teatro Rosalía Castro, Teatro del Andamio e salas Garufa, Gurugú, INN e Pelícano na cidade da Coruña, Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro en Ames, Auditorio do Centro Cívico-Cultural de Arteixo, Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes, Casa da Cultura Ramón Martínez López e A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro, Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, Sala La Room de Ferrol, A Ventana de Laxe, Auditorio do Pazo da Cultura de Narón, Teatro Coliseo Noela de Noia, Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Sala Guión de Pontedeume, Auditorio do Centro Sociocultural de Rianxo, Auditorio da Casa de Cultura Pintor Lloréns de Sada,   Auditorio de Galicia e Sala Capitol de Santiago de Compostela e Casa da Cultura de Vimianzo.

Lugo conta con seis entidades adxudicatarias para proxectos en Foz (Sala Bahía) e na capital da provincia (Club Clavicémbalo e salas Jagger, Morango, Tebras e Zouk). No caso de Ourense, atópanse nesta listaxe o Pub Baranda do Barco de Valdeorras e o Teatro Principal da cidade das Burgas.

Por último, Pontevedra conta con 15 espazos subvencionados: Teatro Principal da Estrada, Discoteca Malizzia da Guarda, Sala Krazzy Kray de Cambados, Auditorio Municipal de Cangas, Auditorio Municipal de Lalín, Teatro Principal de Pontevedra, Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, Sala Ártika, Teatro Afundación, La Fabrica de Chocolate Club, Teatro Ensalle, Circo Navidad, Sinatra Bar e Sala Kominsky de Vigo e Bianco de Vilagarcía de Arousa.

As contías que recibirán a través desta convocatoria oscilan entre os 16 000 e os 40 100 euros por proxecto, chegando a subvencionarse ata o 80 % do orzamento da proposta no caso dos espazos privados e o 70 % no das entidades públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Residencias Paraíso Maria R. Soares

Pistoletazo de saída das Residencias Paraíso coa performance de Maria R. Soares

Imaxe dun non-lugar onde se mercan cousas. Por Ma Fushun

Sobre os males que provoca a ansiedade e outros síntomas