in ,

O Certame Manuel María confirma o seu éxito abrindo a terceira edición a novos proxectos teatrais

A lúa vai encuberta
Foto de Lucia R. Regueiro

A Fundación Manuel María vén de publicar as bases da 3ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A novidade esencial desta nova edición é o compromiso do Centro Dramático Galego na coprodución do proxecto que resulte gañador do Certame, o que se unirá aos 4000 euros que achegará a Fundación como axuda á produción e o abono dunha función en cada un dos concellos colaboradores.

O prazo de presentación dos proxectos remata o 30 de setembro de 2022. Na primeira edición foron 26 representacións as que, de partida, tivo o proxecto gañador, mentres que na segunda pasaron a 30.

 

Publicidade

Bases III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

[3d-flip-book mode=”fullscreen” pdf=”https://erreguete.gal/wp-content/uploads/2022/05/Bases-III-Certame-Manuel-María.pdf”][/3d-flip-book]

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Galicia Escena PRO

    Estas son as propostas seleccionadas no Galicia Escena PRO 2022

    Residencias Paraíso Maria R. Soares

    Pistoletazo de saída das Residencias Paraíso coa performance de Maria R. Soares