in

Estas son as propostas seleccionadas no Galicia Escena PRO 2022

Galicia Escena PRO

Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas, vén de presentar a súa programación do 2022. A 10º edición deste mercado terá lugar do 6 ao 9 de xuño en diferentes espazos de Compostela e nela atópanse as seguintes propostas:

Espectáculos seleccionados

  • A Familia Real, de Aporía Escénica e Olivas Negras
  • A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro
  • Amantis, de Rebordelos
  • Cantas patas para un banco?,de Cía. iO
  • Comando Comadres,de Matrioshka Teatro
  • Come and Go, de Helena Salgueiro (en coprodución con Centro Dramático Galego)
  • Desconexión, de Títeres Alakrán
  • Divertimentos, de N+1 & Cuarteto Alicerce
  • Festina Lente, de VACAburra (en coprodución con Centro Coreográfico Galego)
  • Hugo, de Os Náufragos Teatro
  • Intempestiva, de Elahood
  • O deus do pop, de Diego Anido
  • O Péndulo, de Inversa Teatro (en coprodución con Centro Dramático Galego e a MIT de Ribadavia)
  • Onde pousa a humidade, de Marcia Vázquez
  • Ragazzo, de Barrosanta
  • Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro
  • TABÚ, de Colectivo Glovo (en coprodución con Centro Coreográfico Galego)
  • Vértigo, de Pistacatro Productora de Soños

Como en edicións anteriores, Galicia Escena PRO tamén organiza presentacións en formato pitching, para as que foron seleccionadas 12 propostas pendentes de estrea.


Publicidade

Propostas de pitching

  • 30 anos cantando con Migallas, de Migallas Teatro
  • A barca do inferno, de Moving Compass (en coprodución con Centro Dramático Galego e Cidade da Cultura de Galicia)
  • Dcinecleta, de Musicarte Rey Saavedra
  • Esas cousas marabillosas (A loita contra o estigma e a ignorancia desde a comedia), de Empatía Teatro
  • Hai quen escolle os camiños máis longos / Há quem escolha os caminhos mais longos, de Berrobambán
  • Multiperspectivas, de Paula Quintas Cía
  • Ninja, de Ghazafelhos
  • Papaguena, de ButacaZero
  • Pirolíticos, de Producións Teatrais Excéntricas. Mofa & Befa
  • PYKA, de Cinema Sticado
  • Sofá, de Marta Alonso Tejada (coprodución coa MIT de Ribadavia)
  • ULTREIA “Ao final do camiño estás ti”, de Mago Teto

A comisión artística de selección estivo composta por Patricia de Lorenzo González, Santiago Nieto Romarís e Ruth Balbís Calviño.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acciona o rural

‘Acciona o rural’ leva o teatro ás mulleres do rural con obradoiros de creación e un documental

A lúa vai encuberta

O Certame Manuel María confirma o seu éxito abrindo a terceira edición a novos proxectos teatrais