in

‘Acciona o rural’ leva o teatro ás mulleres do rural con obradoiros de creación e un documental

Acciona o rural

O proxecto sociocultural Acciona o rural promovido por Andrea Dunia Díaz Casal, Celina Fernández Ponte e Ana Fontenla do Colectivo Fiori di Zucca leva o teatro ás mulleres do rural nunha convivencia artística de creación en diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Acciona o rural é un proxecto que fundamenta as artes escénicas coma nexo de unión nunha triloxía de obradoiros que se levarán a cabo nos concellos de Silleda, Mondariz e Moraña durante o mes de maio. O obxectivo é compartir, a través da convivencia interxeracional con mulleres do territorio, o imaxinario creativo vencellado a temáticas coma a invisibilidade e a visibilidade, creando un diálogo activo cheo de paralelismos e anacronismos.

Deste xeito, en cada un dos tres concellos a iniciativa durará sete días. De luns a venres terán lugar os obradoiros de creación escénica onde as mulleres participantes (un máximo de 12) traballarán desde a práctica acerca de diversos temas, relacionados coa tradición da zona baixo unha visión feminina. O sábado, haberá un ensaio para estruturar os contidos e o domingo, as participantes ofrecerán nunha mostra aberta ao público o seu traballo. Deste xeito, pasarán de alumnas a creadoras, sendo protagonistas da súa propia montaxe. Toda a experiencia será rexistrada pola cineasta Anxos Fazáns e dará lugar a unha curtametraxe documental, que se prevé preestrear a finais deste año e distribuír ao longo do 2023.


Publicidade

“O proxecto pon o foco no rural e posibilítanos ás creadoras que vivimos nel quedarnos aquí para traballar no noso campo, que é a investigación e a creación teatral. Isto permítenos traballar na nosa comunidade, para a nosa comunidade e con todas estas mulleres que nos rodean, que son as nosas fontes de cultura e coñecemento. Poder estar cerca delas e sacar o máximo posible, que é o noso labor como creadoras, vainos permitir acadar o principal obxectivo que é converter esta experiencia en sabiduría”, sinala da actividade a actriz Dunia Díaz.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marta Alonso Tejada en 'Nina Ninette' da Cía. Traspediante.

O Día de

Galicia Escena PRO

Estas son as propostas seleccionadas no Galicia Escena PRO 2022