in

O Colectivo Marciano Balboa preséntase con ‘O inevitable’

ColectivoMarcianoBalboa |

Rambo comía noces negras dunha nogueira, e mentres se deixaba traspasar polo aroma dos ‘aligustres’, miraba a contorna da montaña e pensaba en salvar todos eses montes rectilíneos que parecían soldados. Diñeiro plantado en liña. Avergoñáballe formar parte daquela sociedade que se apropiaba das terras coma se as escrituras e os contratos fosen asinados directamente por Deus…

Con esta sinopse de O inevitable, o seu primeiro espectáculo, preséntase o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura Iturralde, e un músico, Pablo Rega.

O Inevitable é o seu primeiro directo, unha acumulación de escenas baseadas nos efectos secundarios da fe católica, os remakes turkos de Rambo e os momentos mais íntimos da vida dun lobo solitario chamado Antonio, un tipo que fai milagres.

Despois de gozar dunha das residencias Paraiso no Pazo da Cultura de Carballo e doutra no Teatro Ensalle –esta mesma semana–, O inevitable estréase este venres 18 na sala viguesa, onde se manterá en cartel até o domingo (venres 18 e sábado 19, ás 22:00, e domingo 20, ás 21:00).

A seguir, o espectáculo estará no Salón Teatro de Compostela –o domingo 10 de febreiro, ás 19:00– dentro da programación de Escenas do Cambio 2019.


Publicidade

 

Ficha artística

Dirección artística: Diego Anido e Borja Fernández
Actores: Diego Anido e Borja Fernández
Música e composición musical: Pablo Rega
Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Outono1 |

Pistacatro e Sincronacidas estarán en FETEN 2019

Kalandrakabibliotecadeteatro |

Chévere presenta a Biblioteca de Teatro de Kalandraka en Vigo