O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.
Etiqueta: Marian Bañobre
O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
O CDG emitirá espectáculos en liña grazas a un novo sistema de streaming
Esta instalación, que equipara o Salón Teatro con outros espazos internacionais, está composta por catro cámaras con calidade 4k e permitirá documentar as montaxes e a súa difusión.
Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia.
Primeiras imaxes de ‘O charco de Ulises’ a nova produción do CDG
‘O charco de Ulises’ é a primera das tres producións propias desta temporada do Centro Dramático Galego e o Salón Teatro está sendo estes días o escenario dos seus ensaios. Santiago Cortegoso e Marián Bañobre dirixen esta versión libre da ‘Odisea’ de Homero.
12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva
A través da metáfora das badaladas de Fin de Ano, vemos os soños e desilusións de dúas mulleres que (de non ser por algunhas características particulares) poderiamos ser calquera de todxs nós. O conxunto compón un cosmos no que poder ver a nosa vaidade como sociedade e pensar ben que queremos desexar para o ano vindeiro, non vaia ser que remate por cumprirse.
O CDG inicia o proceso de selección de elencos das súas tres próximas producións
Levará a escena O charco de Ulises baixo a dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, Terceiro acto con Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e Serva me, servabo te con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio polo que se fai pública a convocatoria […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
No confín de… Marián Bañobre
“Actriz, creadora escénica e realizadora dunha chea de labores máis dentro do eido teatral”. Marián Bañobre forma, no 2010, Ibuprofeno Teatro xunto a Santi Cortegoso. A filla de Woody Allen, O Furancho, Raclette, Casa O’ Rei ou, recentemente, O mel non caduca son algúns dos espectáculos da compañía nos que está todoterreo das táboas participou […]
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono
O Concello presentou onte unha nova entrega do Ciclo Principal, que dará comezo o 19 de setembro coa representación da obra Adiós Arturo, de La Cubana, e pecharase o 22 de decembro coa posta en escena de Se fosen turistas levarían gafas de sol, de Limiar Teatro, dirixida por Fran Núñez. No acto participaron […]
‘Invisibles’, de Redrum Teatro, Premio Luísa Villalta
A achega do espectáculo Invisibles, de Redrum Producións, ao público dos centros de ensino medio con representacións en grandes espazos escénicos foi merecente dun dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña. Invisibles é o único proxecto de artes escénicas premiado, dentro dun palmarés que recompensa, maiormente, proxectos audiovisuais, como […]
Uns María Casares moi repartidos
Os XXIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 12 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais […]
‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares
Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas. Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala […]
O CDG presenta agora a temporada 2018-2019
O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a programación da temporada 2018-2019, protagonizada por cinco coproducións con compañías privadas e por Neorretranca e Posmorriña, o único espectáculo que a unidade de teatro público producirá este ano. O centro presenta os seus proxectos cunha parte do programa xa executada e cando xa se coñecían os detalles de […]