in ,

O CDG estrea este domingo a canle de teatro en liña con ‘O charco de Ulises’

O charco de Ulises CDG
'O charco de Ulises'. Imaxe de Miramemira

O Centro Dramático Galego fará un pase en streaming da súa última producción, O charco de Ulises, o domingo 24 ás 18.00h grazas á instalación dun circuíto de cámaras 4k.

 

Como informamos na web da erregueté hai unhas semanas, o Centro Dramático Galego instalou un sistema de cámaras e de realización ao vivo na súa sede compostelá do Salón Teatro que permitirá tanto a gravación dos espectáculos como a súa emisión en streaming. Esta medida, que a compañía pública catalogou como “pioneira na nosa Comunidade”, confirma a aposta pola transformación dixital e renovación da institución por parte do seu actual director, Fran Núñez.

Publicidade

A produción propia, O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira  emisión en liña que o público poderá desfrutar de maneira gratuita e con interpretación en linguaxe de signos. Será o domingo día 24 ás 18.00 horas na súa plataforma de emisión cun posterior coloquio no que, ademais do equipo artístico, participarán Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, e Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego. Desde o propio chat da plataforma o público poderá facerlles chegar as consultas e comentarios que desexen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Auditorio Municipal de Vigo

Vigo presenta a súa programación de espectáculos con dobres funcións como novidade

Brumario

Brumario