Atendendo á estrutura superficial, á tona textual, O charco de Ulises efectivamente pode entenderse como unha versión libre da Odisea homérica. Mais logo, cando nos debruzamos no texto, atentos a como se articula ese traspaso ao “contexto transatlántico”, comprobamos, na nosa lectura, que a tal versión vai alén do anunciado, moi especialmente ao mesturar dous cronotopos (marco espazo-temporal dunha determinada narrativa), ben diferentes: o que lle é propio á vella narrativa homérica e o que derivaría dos contos e historias, mesmo personaxes, da emigración galega, coa súa propia épica. Por iso dicimos nós que se trataría dunha versión “libérrima”. E nese confronto de cronotopos, tamén abrollan os propios da persoa que se aplica na lectura, coas súas expectativas e coa súa historia persoal.
Etiqueta: Santiago Cortegoso
Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais
Os obxectivos principais do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais son incentivar a escrita dramática en galego a través da edición da peza gañadora, así como garantir a súa montaxe profesional por medio dun concurso público aberto para calquera compañía teatral de Galicia.
O CDG estrea este domingo a canle de teatro en liña con ‘O charco de Ulises’
A produción propia, O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira emisión en liña que o público poderá desfrutar de maneira gratuita e con interpretación en linguaxe de signos.
O charco de Ulises
O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.
O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
O CDG emitirá espectáculos en liña grazas a un novo sistema de streaming
Esta instalación, que equipara o Salón Teatro con outros espazos internacionais, está composta por catro cámaras con calidade 4k e permitirá documentar as montaxes e a súa difusión.
Primeiras imaxes de ‘O charco de Ulises’ a nova produción do CDG
‘O charco de Ulises’ é a primera das tres producións propias desta temporada do Centro Dramático Galego e o Salón Teatro está sendo estes días o escenario dos seus ensaios. Santiago Cortegoso e Marián Bañobre dirixen esta versión libre da ‘Odisea’ de Homero.
O CDG inicia o proceso de selección de elencos das súas tres próximas producións
Levará a escena O charco de Ulises baixo a dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, Terceiro acto con Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e Serva me, servabo te con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio polo que se fai pública a convocatoria […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
No confín de… Santiago Cortegoso
Santi Cortegoso é unha das figuras de referencia no panorama teatral galego. Autor de pezas como 0’7% Molotov, Raclette ou Pequenos actos pseudorevolucionarios, foi premiado en numerosas ocasións. O último espectáculo da súa compañía Ibuprofeno Teatro, O mel non caduca, está protagonizado por Marián Bañobre e Avelino González. | Foto: Diego Seixo | O […]
A Mostra de Teatro Clásico volve a Lugo
A nova Concellería de Cultura decide recuperar a Mostra de teatro Clásico para a cidade. Dez compañías, cinco delas galegas, forman o programa da XX Mostra, que se desenvolverá do 6 ao 22 de marzo. O ano pasado, o Concello de Lugo decidiu diluír a Mostra de Teatro Clásico dentro da programación ordinaria. A Mostra, […]
O mel non caduca
Ansiedades contemporáneas | Manuel Xestoso | A angustia do ser humano ante o anunciadísimo colapso ecolóxico, o cinismo do capital tratando de cambialo todo para que todo siga igual (especialmente as relacións de traballo), a obsolescencia programada como ferramenta dun sistema baseado no crecemento infinito que, á súa vez, é a orixe da catástrofe… […]
Ibuprofeno Teatro estrea ‘O mel non caduca’ en Compostela
Ibuprofeno Teatro estrea este venres 31 de xaneiro, no Teatro Principal de Compostela, a súa nova montaxe, O mel non caduca. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A obra, que volverá a representarse o sábado 1 de febreiro, levará a cabo unha xira de presentación […]
“Gran Teatro para os máis pequenos” remata con ‘Lambetadas’, de Talía Teatro
Hoxe e o sábado chega á súa fin o ciclo do Centro Dramático Galego ‘Gran teatro para os máis pequenos’, que se está a desenvolver no Salón Teatro de Compostela, co espectáculo Lambetadas, de Talía Teatro’, e o taller ‘Ao revés’ que terán lugar o venres 23 o e sábado 24. Lambetadas é un espectáculo […]
Aporía e Talía ofrecen teatro e obradoiros para a cativada da man do CDG
O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por cuarto ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese os días 28 e 29 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, arredor […]
A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG
A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública. […]
Dez citas coas artes escénicas en Culturgal
Este venres comeza Culturgal, tres días nos que as industrias culturais sacan músculo e amosan o tecido creativo do país. Reunimos aquí algunhas das citas na feira que marcarán a actualidade das artes escénicas do vindeiro ano. O programa completo pode consultarse aquí. Venres 1. Culturgal comeza coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este […]
Talía anuncia a estrea de ‘Lambetadas’
A compañía Talía Teatro anuncia para o vindeiro 29 de novembro a estrea dun novo espectáculo para público familiar, Lambetadas, con textos de Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa. A estrea de Lambetadas está programada para o venres 29 de novembro, no Auditorio Municipal de Rianxo. A dirección estará a cargo de Santiago Cortegoso […]
La Quintana estrea a versión en galego de ‘Desde o invisible’ en Compostela
Á primeira representación seguirá un coloquio co equipo artístico e a do sábado será precedida da película A gran voda 2.0. A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que […]
Unha versión francesa de ‘Raclette’, de Santiago Cortegoso, preséntase no Off Avignon
Do 17 ao 28 de xullo, a Compagnie du Velours presentará, no Off Avignon, no Théâtre le Vieux Balancier da cidade francesa, unha versión francesa de Raclette, de Santiago Cortegoso, traducida e dirixida por Silvia Rodríguez Abal. Raclette mereceu o XXII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da consellería de Cultura (Xunta de Galicia), foi […]
Uns María Casares moi repartidos
Os XXIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 12 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais […]
‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares
Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas. Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala […]
‘O furancho’ de Ibuprofeno Teatro, no Salón Teatro de Compostela
Marián Bañobre e Isabel Risco preséntalle ao público o Furancho Spa Resort Vitivinícola Rosalía de Castro como metáfora gastronómica do sector teatral galego. A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel […]