A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de abrir o prazo de solicitude do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego, segundo as bases aprobadas pola Resolución do 28 de abril de 2025. As propostas poden presentarse ata o vindeiro luns 19 de maio, e nesta convocatoria ampliouse o investimento para a contratación ata 25.000 euros, cun límite máximo do 80 % do orzamento do proxecto.
A Agadic convoca a segunda fase da III Bolsa de Dramaturxia e Creación do CDG
Para contratar un espectáculo, en coprodución, a partir do texto ‘Santa Bárbara’, de Santiago Cortegoso
