in ,

Mensaxe do Día Internacional da Danza, por Mikhail Baryshnikov

29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza

Mikhail Baryshnikov adestrando. Foto: Robert Whitman
Mikhail Baryshnikov adestrando. Foto: Robert Whitman

Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza.

Cada ano, o Comité Internacional de Danza do Instituto Internacional de Teatro (ITI) encarga a unha figura destacada do mundo da danza que escriba unha mensaxe que se lea en todo o mundo. Nesta ocasión, a mensaxe está asinada polo lendario bailarín e coreógrafo de orixe rusa Mikhail Baryshnikov:

Mikhail Baryshnikov e Merce Cunningham. Foto: Robert Whitman
Mikhail Baryshnikov e Merce Cunningham. Foto: Robert Whitman

“Acostuma dicirse que a danza pode expresar o indescritíbel. A alegría, a dor e a desesperación fanse visibles; expresións encarnadas da nosa fraxilidade compartida. Neste sentido, a danza pode espertar empatía, inspirar bondade e espertar o desexo de curar en lugar de prexudicar.


Publicidade

Especialmente agora, mentres centos de miles de persoas soportan a guerra, loitan contra a inestabilidade política e se levantan en protesta contra a inxustiza, a reflexión honesta é vital. É unha carga pesada para o corpo, a danza e a arte.

Non obstante, a arte segue a ser a mellor maneira de dar forma ao non expresado, e podemos comezar preguntándonos: Onde está a miña verdade? Como me respecto a min mesma/o e á miña comunidade? Diante de quen teño que responder?”

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La violación de Lucrecia, do Teatro Clásico de Sevilla. Imaxe de Luis Castilla.

La violación de Lucrecia

Entrega da Bolsa de Dramaturxia 2024

A Agadic convoca a segunda fase da III Bolsa de Dramaturxia e Creación do CDG