A Escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada (EMAE) e a Fundación Cultural da Estrada veñen de publicar as bases da oitava edición do premio de textos teatrais Varela Buxán, un certame de carácter bianual, que pon en valor a actividade dramatúrxica, ademais de contribuír a homenaxear a figura de Manuel Daniel Varela Buxán.
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade con textos inéditos (nin publicados nin representados) escritos en lingua galega. A temática será libre e deberán presentarse antes do 30 de outubro.
O premio conta cunha dotación económica de 1.200 euros e a publicación da obra gañadora da man de Edicións Fervenza. O xurado estará presidido polo dramaturgo Santiago Cortegoso e dúas persoas, de recoñecido prestixio, pertencentes ao ámbito teatral galego.
O nome da persoa gañadora coñecerase a primeiros de decembro, e o premio será entregado a primeiros de ano, nun acto no que, tamén, se lle fará entrega a Fernando Epelde da publicación da obra gañadora da pasada edición.
Bases do Premio Varela Buxán 2021
[3d-flip-book id=”23236″ ][/3d-flip-book]
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



