O Charco de Ulises

O charco de Ulises

Atendendo á estrutura superficial, á tona textual, O charco de Ulises efectivamente pode entenderse como unha versión libre da Odisea homérica. Mais logo, cando nos debruzamos no texto, atentos a como se articula ese traspaso ao “contexto transatlántico”, comprobamos, na nosa lectura, que a tal versión vai alén do anunciado, moi especialmente ao mesturar dous cronotopos (marco espazo-temporal dunha determinada narrativa), ben diferentes: o que lle é propio á vella narrativa homérica e o que derivaría dos contos e historias, mesmo personaxes, da emigración galega, coa súa propia épica. Por iso dicimos nós que se trataría dunha versión “libérrima”. E nese confronto de cronotopos, tamén abrollan os propios da persoa que se aplica na lectura, coas súas expectativas e coa súa historia persoal.

Premios Follas Novas

Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas

Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.

O charco de Ulises CDG

O charco de Ulises

O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.

O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.