in ,

Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

El viento es salvaje Las Niñas de Cádiz (MITCFC)
Imaxe de Susana Martín: El viento es salvaje, Las Niñas de Cádiz

A MITCFC afronta a súa 38 edición con dez días de teatro entre o 1 e o 10 de xullo, vinte espectáculos, catro estreas absolutas, un recoñecemento a Camilo Franco e un acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos.

O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia, así como de obradoiros e dunha serie de eventos, exposicións e actividades en espazos alternativos que completan a programación do ano 2021.

Na 38ª MITCFC haberá 4 estreas absolutas: tres delas coproducidas pola MITCFC (Isolada, Abradacaver e Cantingjo), unha estrea en España (Espécies Lázaro de Teatro Art’Imagem) e oito estreas en Galicia (La Xirgu, Secretos de alcoba, La señorita doña Margarita, El viento es salvaje, Al otro lado, Comando señoras, Ritos de amor y guerra e Water falls). Entre os espectáculos que se poderán ver en Cangas atópanse dous que recibiron en 2020 Premios Max: El viento es salvaje, Mellor Espectáculo Revelación, e Al otro lado, Mellor Espectáculo de Rúa.

Esta edición da MITCFC comezará o día 1 de xullo coa inauguración dunha exposición documental e unha homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas finado en xaneiro deste ano. Trinta e oito anos despois de que Pazos, xunto a un pequeno grupo de persoas, idease e crease esta Mostra, “queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música… e a súa xente”, explica a organización.

O pregón, que se celebrará o venres 2 de xullo, correrá a cargo do actor Fran Paredes. Nado en Moaña aínda que  veciño de Cangas desde hai anos, Paredes traballou en numerosas obras de teatro, así como en cine e televisión, con intervencións nas series O Faro, Fariña e, recentemente, en O charco de Ulises, produción do CDG.

A organización da XXXVIII MITCFC concede o Premo Xiria ao Labor Teatral ao narrador, xornalista e crítico teatral Camilo Franco, en recoñecemento “ao seu importante labor” como xornalista cultural e, particularmente, polo exercido como crítico teatral en xornais e medios de comunicación de Galicia e co que demostrou, ao longo de tantos anos, “un empeño extraordinario por dignificar o teatro galego”.

Tamén haberá espazo nesta edición da MITCFC para a erregueté | Revista Galega de Teatrocunha gala no Auditorio Municipal de Cangas o martes 6 de xullo na que celebraremos os 100 números da nosa revista e presentaremos o número 101.


Publicidade

MITCFC 38 Leandro Lamas |
Deseño de Leandro Lamas

Teatro no Auditorio Municipal de Cangas

Teatro de rúa

Espazos alternativos

Mulleres en Acción

As Xornadas Mulleres en Acción chegan este ano á súa XXI edición cunha programación que tratará, un ano máis, de potenciar e dar visibilidade ao traballo das mulleres dentro da cultura e, en concreto, das artes escénicos. Os actos inclúen exposicións, obradoiros e charlas-coloquios. Este ano, a organización decidiu outorgarlle o Premio Mulleres en Acción a Margarita Ledo Andión, en recoñecemento ao seu labor como escritora, cineasta, investigadora e docente. A organización da Mostra concédelle esta galardón “por apostar, no ámbito académico, por una educación en comunicación audiovisual con perspectiva de xénero. E, como cineasta, por utilizar o ollo da cámara ao servizo do corpo e da realidade das mulleres”.

 

Programa completo da XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FITEI

FITEI o Porto

MIT Ribadavia

A MIT de Ribadavia presenta as datas e a liña gráfica da súa 37ª edición