O charco de Ulises CDG

O charco de Ulises

O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.

O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.

Ego

Botar a vista atrás | Manuel Xestoso |   Existe un malentendido de partida: se se nos di que a obra se titula Ego e que a protagoniza un artista poderiamos supoñer que imos lidar cun espectáculo que trata sobre a vaidade e o narcisismo dos creadores, un tópico que adoita dar moito de si. […]

Hámster

Unha fábula posporno | Roi Vidal Ponte |   Poucas veces un texto tan recente tarda tan pouco tempo en ter tantas versións diferentes estreadas. É o que lle está a pasar a Hámster, a peza coa que Cortegoso se deu a coñecer como dramaturgo e que marca moitas da súas temáticas recorrentes. Os humanos […]