erregueté | Revista Galega de Teatro

Os artigos sobre Tag: Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

Para quen sinta paixón

Dubido que as artes escénicas permitan relacións desafectadas, mornas, de xente illada tras pantallas ou parapetada en compartimentos ríxidos e estancos.
Chegou o solsticio de verán cos festivais de estío. Polo San Xoán arrincou a 39 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, que vai até o 9 de xullo. O 4 de xullo arrinca o 39 Festival de Almada, que vai até o 18 deste mes. Do día 15 ao 24 de xullo temos a 38 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Isto no Eixo Atlántico peninsular.

Presentación do número 103 da erregueté na 39 MITCF de Cangas

Hoxe, sábado, 9 de xullo, ás 19h30, dentro da programación da 39 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, preséntase o número 103 da erregueté | Revista Galega de Teatro, correspondente ao primeiro semestre de 2022. O acto vaise celebrar na Capela do Hospital, nos Xardíns do Señal, á beira do mar, en pleno centro da vila de Cangas.

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas

‘Amantis’ indaga en como as redes sociais, o selfie, e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

Falece Lino Braxe

A MITCFC inaugura a súa 39ª edición cunha homenaxe especial a Lino Braxe

Os actos inclúen a inauguración da exposición da súa obra plástica e poemas visuais, a presentación do seu libro póstumo ‘Poemas Guardados’, ás 19.30 horas,  o espectáculo poético-musical ‘Poeta nas ondas’, ás 20.00 horas, e ás 22.30 horas a súa peza ‘Eurovisión. O fake show’.

Casilda Alfaro

Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

A actriz e membro do consello editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro, Casilda Alfaro, recolleu onte, no Pazo da Cultura de Carballo, o Premio ‘Xograresa de Outono 2021’ do FIOT. Segundo o festival carballés, Alfaro é “unha das grandes traballadoras das artes escénicas en Galicia, impulsora de numerosas producións e fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)”. Con este nomeamento honorífico, o FIOT valora “a súa gran calidade como intérprete e o seu forte compromiso empresarial no sector das artes escénicas no noso país”.

Festivais

Entre festivais: Cangas, Almada e Ribadavia

O verán chegou e con el os festivais de artes escénicas. Neste mes, ademais do traballo escolar que, para algúns docentes, non remata, como quen di, até agosto, súmanse os festivais, facendo do período estival un dos máis intensos. Isto para quen, coma min, traballa sobre a enxeñaría das artes escénicas, a dramaturxia, como docente e investigador, e para quen, ademais, gusta e necesita dos desafíos que nos colocan os espectáculos.

A contenda do río Miño

A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.

El viento es salvaje

‘El viento es salvaje’, Premio do Público da 38º MITCF de Cangas

El viento es salvaje conta a historia de dúas rapazas, Vero e Mariola, tan amigas que semellan irmás. Unidas desde a infancia por un amor e unha fidelidade inquebrantable. A obra é unha recreación libérrima de dous dos personaxes femininos máis apaixonantes da historia da cultura universal: Fedra e Medea. Unha traxedia, en verso, con todos os elementos clásicos do xénero, pero atravesada pola gargallada.

Espécies Lázaro

Espécies Lázaro

Atendendo ao seu ambiente marítimo, a peza navega entre as augas da historia como navega entre os dous países que colaboran na súa produción, xa que para esta ocasión o Teatro Art’Imagem contou coa participación da compañía galega Incendiaria, establecendo así unha nova comunicación entre Portugal e Galiza. A directora e dramaturga Vanesa Sotelo escribe e dirixe unha peza que comunica moitos outros aspectos alén de países. Nas Espécies Lázaro viaxan idiomas, espazos temporais, formas de facer teatro. É por iso que, para min esta peza podería ben ser definida como un “teatro líquido” precisamente pola fluidez coa que se transmiten tódolos diferentes aspectos que compoñen a súa partitura.

Colección DiTeatro

A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos

A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio.

Anxo Manoel

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti.

Maricón

Maricón. No 21 do XXI e no 101

Maricón non debería ser un insulto nin unha sentenza de morte, como aconteceu hai uns días na Coruña e como leva acontecendo desde hai moito tempo. Estamos no ano 21 do século XXI e os discursos da ultradereita animan e alimentan a xenofobia, o machismo, a homofobia e outros xeitos de odio e terror. A educación, os escenarios, o cinema, a televisión… seguen a difundir e facer proselitismo, encuberto ou non, da norma heterosexual e da superioridade do home e do masculino e iso acaba por ter consecuencias.

Xosé Manuel Pazos

Grande homenaxe ao grande Xosé Manuel Pazos

A XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, a MITCF, abriu o 1 de xullo co acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Foi no Auditorio Municipal que, segundo confirmou a Concelleira de Cultura, Aurora Prieto, nun emocionado discurso de louvanza á figura de Pazos, vai levar o nome do dramaturgo que impulsou a súa construción. Moitas das iniciativas culturais fundamentais da capital do Morrazo, con repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como é a propia Mostra de Teatro, que cumpre 38 anos, organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro e moitas outras actividades nas que o teatro era central.

MITCFC

A MITCF de Cangas, Premio de Honra ‘Marisa Soto’ da AAAG

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) naceu en 1984 da man da Asociación Cultural Xiria, creada a súa vez un ano antes polo impulso dun grupo de persoas, na súa maioría docentes. Maruxa Barrio, Henrique Harguindey, Silda Alfaro, Xosé Manuel Pazos, Afonso Marcos ou, ao pouco tempo, Che Mariño contábanse nese grupo inicial que compartía un compromiso co Morrazo dende un punto de vista comunitario e cultural.

Afonso Becerra

Publícase a primeira ‘História da dança da Galiza’ de Afonso Becerra

História da dança contemporânea na Galiza oferece o pensamento en torno á creación con a explicación de coreógrafas e coreógrafos sobre a arte da danza, así como a descrición e análise de 139 pezas. O libro, que ten máis de 300 páxinas con máis de cen de imaxes, documenta a historia da danza desde os seus inicios ata o ano 2020. O texto intenta non establecer xerarquías e incluír todas as persoas que crearon e continúan a crear pezas de danza. Este volume fixa a súa atención na danza contemporánea.

38 MITCFC

Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.

CDG Entremés

O CDG e a Companhia de Teatro de Braga estrearán ‘A contenda do río Miño’ en Almagro

A través desta coprodución, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga afondan na temática das fronteiras a partir da que marca o río Miño entre Galicia e Portugal, unha das máis antigas de Europa e que representa máis un punto de encontro que de separación. O espectáculo desenvólvese nas tres linguas presentes na copia da peza teatral conservada, escrita en lingua galega, con fragmentos en portugués e anotacións en castelán.

Zé Paredes, o presidente de DramaturGA

Unha nova etapa para a Asociación Galega de Dramaturxia

“Queremos, sobre todo, afirmarnos como interlocutores dentro do sector. Sabemos que o noso oficio ten moitas vertentes e queremos buscar o debido recoñecemento a todas elas”, expresa Zé Paredes, o novo presidente de DramaturGA.

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Ímoste botar moito de menos, Pazos!

Non me gusta nada escribir obituarios, acho que ás persoas hai que quererlles de vivas e que debemos homenaxearnos todo canto poidamos mentres esteamos vivos. Penso que Xosé Manuel Pazos tamén era así, un home de moito traballar, pero tamén de moito desfrutar. Estar con el era, en certo sentido, incluso nunha reunión de traballo, unha festa. Porque era un tipo divertido, sen poses nin engolamentos.

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros