in , ,

David Gun Gundas gañou o IX Torneo de Dramaturxia de Galicia

Co texto ‘Superego te absolvo’, interpretado por Sergio Macías e Sergio Alfonso

As autoras e autores que combateron no IX Torneo de Dramaturxia de Galicia
As autoras e autores que combateron no IX Torneo de Dramaturxia de Galicia. Foto de Diego Seixo | MITCFC.

Despois dos numerosos ganchos dialécticos e reveses dramatúrxicos dados polas autoras e autores participantes, David Gun Gundas (nome artístico de David Gundín) conseguiu proclamarse vencedor da novena edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia grazas ao seu texto Superego te absolvo, interpretado no escenario polos actores Sergio Macías e Sergio Alfonso.

Foi na noite do pasado martes, no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, nun encontro no que competía contra os textos As Carolinas, de Iván Caloto e interpretado por Mundo Villalustre e Roberto Leal; Comendo terra, de Marta Lado e coas actrices Casilda Alfaro e Sonia Rúa na interpretación; e Divina-mente, de Amantia Coello e interpretado por Iria Pinheiro e Graciela Carlos. Un ano máis, Esther F. Carrodeguas fixo de mestra de cerimonias deste combate entre dramaturgos e dramaturgas baténdose na procura do voto do público.

O autor vencedor

David Gundín, nado en 1980 en Vigo, é titulado en Arte Dramática nas especialidades de Dirección e de Dramaturxia. Actor, monologuista, director, dramaturgo e profesor de teatro, Gus é cofundador de compañía Teatro Lope de Vigo xunto con Julián Rodríguez e Marta Lado. Ten no seu haber numerosas obras como actor ou autor como A Illa de Rubik, Vaya par de dos e Vaya par de tres, A-Lia-2 (Coautoría con Eva Abal) e A-Lia-2 2.0 (en coautoría con Déborah Vukusic), Madame Julie, Paradoxo, Homelet ou Unha nova odisea, entre moitas outras.


Publicidade

O proxecto

O Torneo de Dramaturxia de Galicia é unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a dramaturxia galega, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa colaboración de DramaturGA e o apoio do Centro Dramático Galego. Os torneos de dramaturxia son unha idea orixinal de Jordi Casanovas desenvolvida conxuntamente co Festival Internacional Temporada Alta de Girona.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'O Grande Incêndio' de A Escola da Noite e Sarabela Teatro. Foto: Eduardo Pinto.

O Grande Incêndio

'Todos los ángeles alzaron el vuelo' de La Zaranda na 42ª MITCF de Cangas. Foto: Anna R Figueiredo.

Zarandeados en Cangas