in , ,

Ana Abad de Larriva estrea ‘Nela estaba a forza do mar’

Na MITCFC, en coprodución coa Mostra

Nela estaba a forza do mar, de Ana Abad de Larriva
'Nela estaba a forza do mar', de Ana Abad de Larriva. Foto de David Rodas González.

A Capela do Hospital, en Cangas de Morrazo, acollerá hoxe, 26 de xuño, a estrea absoluta de Nela estaba a forza do mar, de Ana Abad de Larriva, a partir das 20:00 horas. Trátase dunha peza performativa que combina a música, a narración oral cantada e falada, as artes do movemento e as artes visuais para mergullarse dun xeito sensorial na realidade dunhas mulleres cheas de forza que foron marcadas polo tempo.

Sinopse

“Nela, nelas, estaba a forza do mar. E do monte, das montañas, dos ríos, do vento e das treboadas. A forza da natureza enteira berraba nas súas veas. Unha forza que non son quen de recoller as palabras. E nun bater, e nun pechar, e nun escuro… Silencio”.

Ficha artística

Dirección, dramaturxia, textos e creación escénica e musical: Ana Abad de Larriva
Interpretación escénica e musical: Ana Abad de Larriva
Fotografía e proxeccións: David Rodas González e Ana Abad de Larriva
Asistencia vocal e musical: Sagrario Salamanca e Úrsula Casás
Asistencia de dirección: David Rodas González
Coproduce: MITCFC

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto da presentación da 43ª MITCFC

A MITCFC inaugura a súa 43ª edición