A cámara escura de Jose Luis Baños de Cos

A cámara escura

Falar coas mozas e mozos de temas ‘tabú’ e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza ‘A cámara escura’, gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike… son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona.

Galaxia presenta 'A cámara escura'

Galaxia publica ‘A cámara escura’ de José Luis Baños de Cos

O Premio Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a propia editorial Galaxia, consta de 2.000€ e a edición da obra, unha modesta cantidade que seguro irá medrando co avance da calidade do seu repertorio, do que tamén forman parte as obras de Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores e Fernando Castro Paredes con A derradeira bala, e os efectos que este pode acadar polo feito exclusivo e innovador de estar en sintonía co público en idade adolescente.

Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.

V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG

Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]

O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega

A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa.   “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]