in , ,

A MIT de Ribadavia convoca o 19º Premio Abrente de Textos Teatrais

Encádrase dentro das actividades da súa 40ª edición, que se celebrará do 19 ao 27 de xullo de 2024

Bases do Premio Abrente
Galardóns do Premio Abrente. Foto: MIT de Ribadavia

O 19º Premio Abrente é a primeira actividade anunciada pola Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, para a súa 40ª edición, que se celebrará do 19 ao 27 de xullo de 2024 “con afán de retrospectiva e autoavaliación de todo o feito para impulsar o que queda por facer”.

O Premio Abrente de Textos Teatrais, consolidado como un dos principais símbolos de apoio constante á creación escénica en galego, aumenta este ano a súa dotación ata os 4 000€ e segue garantindo o apoio da edición e da escenificación das obras dramáticas gañadoras. O prazo de admisión de orixinais está aberto ata o día 15 de xuño de 2024.

Segundo sinala a MIT, “o Premio Abrente foi apoio e canteira de dramaturgas hoxe consolidadas como Esther Carrodeguas, novas voces saídas da ESAD de Galicia coma Ana Abad de Larriva ou Nerea Brey e autores xa con longa traxectoria artística como Roberto Salgueiro ou Manuel Lourenzo”; e é unha das moitas actividades paralelas do festival, “que non se limita á exhibición de espectáculos, entendendo o evento como un lugar de crecemento, lecer, encontro, pensamento, creación e acompañamento e, por enriba de todo, como un ben colectivo que camiña cara a garantía pública do dereito cidadán á cultura”.


Publicidade

Consulta as bases completas do 19ª Premio Abrente 2024

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O bosque vivente Sarao

A nova programación de Vigocultura arranca con ‘O bosque vivente’

'BANTU' de Victor Hugo Pontes

A humanidade no centro da dança