A programación municipal de artes escénicas do Concello de Vigo, Vigocultura, inaugura mañá a súa nova temporada, que acollerá 28 espectáculos entre este sábado, 3 de febreiro, e o vindeiro 28 de abril. Teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo conforman a oferta para o primeiro trimestre do ano 2024.
O espectáculo de rúa O bosque vivente, da compañía Sarao Producción&Animación será o encargado de dar comezo ao programa. Será mañá, sábado 3 de febreiro, ás 19:00 horas, na rúa do Príncipe, e trátase dunha peza que procurará a implicación do público infantil e adulto asistente.
Ata o 28 de abril poderán gozarse un total de 28 propostas de artes escénicas: 17 para público adulto e 11 para público familiar. As entradas están á venda tanto en liña, como presencialmente, na librería Libros para Soñar (rúa Triunfo, 1); e poderán adquirirse tamén no despacho de billetes do Auditorio Municipal de Vigoo mesmo día do evento.
Despois da peza inaugural que se representará mañá na rúa do Príncipe, as datas da programación no Auditorio Municipal son as que seguen:
- Venres 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvanian Suite”. Música
- Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias
- Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual
- Venres 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, monólogo de Xosé Antonio Touriñán
- Sábado 17 de febreiro. Contraproduccións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia
- Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés
- Venres 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia
- Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia
- Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas
- Venres 1 de marzo. Iago Regueiro: “Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia
- Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia
- Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara
- Sábado 9 de marzo. Chévere Produccións: “Heller Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo
- Domingo 10 de marzo. A maga Fani: “Igualdade, onde estás?”. Maxia
- Venres 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo
- Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo
- Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza
- Venres 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4×4”. Comedia
- Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo
- Domingo 14 de abril. Aina Maravillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas
- Venres 19 de abril. De ste Xeito Produccións: “Neura”. Estrea. Comedia
- Sábado 20 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “La punta de mi nariz”. Circo
- Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo
- Venres 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantes”. Danza
- Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza
- Domingo 28 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “361º” de Proxecto Tránsito. Híbrido de circo e danza
Descarga o programa completo de Vigocultura de febreiro a abril de 2024