Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Lugo une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado.
Etiqueta: De Ste Xeito
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
De Ste Xeito estrea ‘Feminíssimas’
Arranca a súa xira hoxe no Auditorio Municipal de Vigo. Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminíssimas, unha […]
Vigocultura programa 31 espectáculos neste outono
Vigocultura trae neste semestre un programa de 31 espectáculos que inclúen rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, microteatro e circo. O pasado 12 de marzo decidiuse o peche de todas as instalacións municipais, entre a que se incluía o Auditorio Municipal, por mor da crise epidemiolóxica provocada polo Covid-19. Vigocultura tivo que cancelar un total de […]
Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns Un total de 30 espectáculos e máis […]
Ribeira presenta o seu ciclo de teatro máis longo da última década
A Mostra de Teatro de Ribeira –que foi presentada onte para anunciar que a partir do próximo día 5 de agosto xa se poderán adquirir os bonos– será a máis longa da última década e estenderáse dende o 27 de setembro até o 5 de decembro. A compañía Sarabela, con Normas para saber vivir na […]
De Ste Xeito estrea ‘Running’ en Vigo
O Auditorio Municipal de Vigo acolle este venres, 5 de abril, ás 21:00, a estrea de Running, unha comedia da compañía De Ste Xeito, escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. Running, que dende a produtora definen como “unha suorosa comedia”, é a segunda colaboración de Carrodeguas con De Ste Xeito, […]
Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo
O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arrinca na rúa do Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril, organizada pola Concellería de Cultura. A compañía portuguesa Projeto EZ realizará unha espectacular ruada, protagonizada por dous vehículos sorprendentes, con pases ás […]
O teatro que vén en 2019
Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019. O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]
Teatro e música volven ao ciclo Sen Numerar do Fórum da Coruña
Sen numerar é a programación escénica do Fórum Metropolitano da Coruña que permite vivir as propostas escénicas do xeito más próximo, grandes traballos en pequeno formato cos que gozar de excelentes propostas teatrais e musicais nun ambiente case íntimo. Este ciclo permite facer tamén unha oferta en horario lectivo para estudantes de secundaria e bacharelato. O […]
O FETEGA do Carballiño presenta un programa protagonizado por mulleres
Onte presentouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a programación completa da XXIX edición do Festival de Teatro Galego. O acto tivo lugar ás 12:00, e nel gardouse un sentido minuto de silencio polo falecemento do actor Ernesto Chao, durante o cal todos os presentes se puxeron en pé, instante seguido […]
Loló e mamá
Cambio de costumes | Manuel Xestoso | Os costumes cambian e, daquela, as comedias de costumes deben mudar de aspecto. Non se pode contar do mesmo xeito o século XX ca o XXI porque os papeis xa non se interpretan do mesmo xeito: os sentimentos son universais pero maniféstanse coas súas particularidades dependendo do […]
De Ste Xeito Teatro estrea ‘Loló e Mamá’ en Vigo
O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o vindeiro 20 de abril a estrea absoluta de Loló e Mamá a nova produción de De Ste Xeito con texto e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas e interpretado por Stephy Llaryora e Josi Lage As dúas actrices encarnan a Loló e a Margot, a súa nai, que se instala […]