
Introdución do ‘drag’ na Galiza
O drag na Galiza contemporánea non é unha semente porque xa brotaron follas pequenas á disposición de todes nós. O interesante do drag, así como do transformismo en xeral, é que nel interveñen a deconstrución e a reconcepción, neste caso dun rol (feminino, masculino ou neutro) asociado ae propie intérprete/performer —maquillaxe facial e corporal, perruquería, moda, etc.—, e tamén ao espazo no que desenvolve a súa arte —cafés, teatros, prazas, etc.—. Si, é unha sementiña que, basexada fortemente na experiencia estadounidense, no contexto galego ten unha reivindicación moi grande cara a todos os públicos, e o máis importante é que é habitual a fusión entre a cultura galega e os estereotipos das drag queens, como acontece de xeito extremadamente explícito no caso da autodenominada «drag pandereteira», Meiga-I (colaboradora de MarikasXLaFiesta).