in

De Ste Xeito estrea ‘Feminíssimas’

Feminíssimas
Arranca a súa xira hoxe no Auditorio Municipal de Vigo.

 

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Esta é a base de Feminíssimas, unha peza da compañía De Ste Xeito Producións que se estrea hoxe no Auditorio Municipal de Vigo, ás 20.30 horas, con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza dende a comedia “de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas”.


Publicidade

Feminíssimas conta con Esther F. Carrodeguas na dramaturxia e con Xavier Castiñeira na dirección; en escena está a propia Esther Carrodeguas, xunto con Noelia Blanco e Stephy Llaryora. A obra é “unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violenta“.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Erregueté Revista Galega de Teatro e Artes Escénicas de Galicia

A erregueté chega ao seu número 100

Bailar agora

Bailar agora