Medida x Medida

Medida x Medida

A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.

Hamlet

Hamlet

Hamlet eran todxs | Iván Fernández | | Foto: Companhia do Chapitô |   Cando vou ver un clásico deste calibre, sempre me pregunto: “E agora, que? Como vai ser? Que máis se pode ofrecer?”. Penso que é algo que (me) acontece con todos os clásicos, mais, se cadra, máis co Hamlet, peza emblemática e […]

‘D.E.P.’, de Malasombra e ‘Ummm!’, de Avento, obras preferidas polo público de Vigocultura

O público de Vigocultura escolleu ás súas obras favoritas da Programación de 2019 no Auditorio Municipal de Vigo. D. E. P. Descanse en paz, de Malasombra Producións foi a máis votada entre o público adulto, mentres que Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Producións, foi a preferida polo público infantil.   […]