in , , ,

Publícase a primeira ‘História da dança da Galiza’ de Afonso Becerra

Afonso Becerra

O estudo de Afonso Becerra de Becerreá, director da erregueté | Revista Galega de Teatro, publícase en Através Editora, selo no que o dramaturgo e estudoso xa publicara Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática no ano 2018.

A pesar de que a danza é unha das manifestacións culturais e artísticas imprescindibles en calquera país, en Galicia non é ata agora, 2021, cando sae o primeiro libro que recolle a súa historia en Através Editora.

O autor da História da dança contemporânea na Galiza é Afonso Becerra de Becerreá (Becerreá, Lugo, 1973), dramaturgo e director, doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona, profesor de dramaturxia na ESAD de Galicia, colaborador de artes escénicas no programa Zigzag da TVG, e director da erregueté I Revista Galega de Teatro. Becerra xa publicara en 2018, no mesmo selo editorial, Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática , o primeiro libro galego sobre o teatro contemporáneo e as artes do movemento, no que centraba a súa anteción no corpo e noutros elementos alén do canon e da orde narrativa.

Afonso Becerra leva anos escribindo sobre pezas de danza en diferentes medios e dedicou os últimos cinco anos a contactar con todas as coreógrafas e coreógrafos de danza de Galicia. O libro, que ten máis de 300 páxinas con máis de cen de imaxes, documenta a historia da danza desde os seus inicios ata o ano 2020. O texto intenta non establecer xerarquías e incluír todas as persoas que crearon e continúan a crear pezas de danza. Este volume fixa a súa atención na danza contemporánea que, en palabras do autor, “é aquela máis diversa e heteroxénea, na cal hai unha dramaturxia e unha creación de movemento que reflicte e expresa, de xeito moi sutil, as cuestións, inquedanzas e ansias non só das artistas, senón tamén dunha época e dun pobo”.

História da dança contemporânea na Galiza oferece o pensamento en torno á creación con a explicación de coreógrafas e coreógrafos sobre a arte da danza, así como a descrición e análise de 139 pezas.

O volume de Através Editora publícase en galego-português e vaise distribuír por librarías de ambos territorios. Esta primeira historia da danza de Galicia conta, ademais, coa colaboración da AGADIC da Xunta de Galicia, da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do Concello de Santiago de Compostela.


Publicidade

Presentacións e datas

História da dança contemporânea na Galiza vai ser presentado en diferentes espazos de gran relevancia para as artes escénicas de Galicia ao longo deste verán e no vindeiro outono:

  • MITCFC de Cangas: 2 de xullo ás 19 h.
  • MIT de Ribadavia: 23 de xullo.
  • Festival de Teatro Galego ‘Celso Parada’ do Carballiño (FETEGA).
  • Teatro Rosalía da Coruña.
  • Auditorio Municipal de Vigo.
História da dança contemporânea da Galiza Afonso Becerra

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MIT Ribadavia

A MIT de Ribadavia presenta as datas e a liña gráfica da súa 37ª edición

Ártika

Comeza o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento na Sala Ártika