O prazo para participar nesta edición abrirá o luns 8 de marzo e estará operativo durante un mes e poderán acceder a esta convocatoria todas as ramas do sector cultural con proxectos presenciais, virtuais, materiais ou unha combinación de varias opcións que se vaian realizar antes do 15 de decembro de 2021.
Etiqueta: Xunta de Galicia
Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso
As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Reabren os teatros en Galicia (menos o Auditorio de Ourense)
Quen protexe ás minorías se os poderes públicos non o fan? Que acontece se un xestor público decide aplicar criterios de xestión que non atenden aos deberes, responsabilidades e garantías da xestión pública da cultura para a diversidade social?
Aberta a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego
Con este procedemento preténdese impulsar proxectos innovadores no eido de danza artística e impulsar a creación de espectadores para a danza, buscando a excelencia nos produtos culturais galegos.
Homilía breve sobre misa e teatros
Cultura e Culto semellan ter a mesma raíz, mais non son iguais, polo menos para a administración. Mentres os teatros, auditorios e centros culturais permanecen pechados nesta terceira vaga da pandemia da COVID-19, os lugares de culto continúan abertos. Podemos ir á misma, mais non ao teatro. Por que ocorre isto? Ata o de agora, o cancelo #aculturaésegura está a cumprirse.
Escena Galega demanda ás administracións a blindaxe do sector escénico
As restricións á cultura derivadas da crise sanitaria da COVID-19 provocaron case 200 suspensións e cancelacións de espectáculos e é prioridade para o sector que as administracións competentes promovan medidas específicas a curto e medio prazo que faciliten a normalización no desenvolvemento da actividade das compañías, as e os profesionais e os e as creadoras.
A AAAG demanda á Xunta un plan de rescate para traballadoras das artes escénicas
A asociación sindical mostra a súa preocupación polo que entenden que é “un punto no que se fai inviable a actividade escénica” e que “imposibilita as opcións dos profesionais dos espectáculos ao vivo de gañar o seu sustento”.