El buen hijo

El buen hijo

Non é nada doado achegarse a este texto e propoñer unha versión que fuxa dos clixés e dos prexuízos. A mostra que nos presenta Territorio Violeta, a través dos ollos de Cecilia Geijo (unha das creadoras de La Pitbull Teatro), é un exemplo: dende o primeiro momento ofrécensenos uns personaxes nos que sabemos (ou adiviñamos e logo certificamos) que o bo é bo e o malo, malo. Para min, esta é a maior eiva da proposta, xa que malia que se nos ofrezan os traumas dun home que non acepta o seu papel de agresor, ou a falta de coidado dunha muller, por despiste ou exceso de confianza (nela mesma, no sistema que debería tela protexido, no mesmo agresor que logo tentará violala), a peza non ofrece dobreces, non hai claroscuros nos que adiviñar as contradicións dos personaxes, nos que atopar unha dimensión humana de dúbida, pracer ou sadismo.

Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.