in ,

A 27ª MITEU inicia a súa programación en Vigo

Hoxe, con ‘Medea, unha e todas’, de Noelia Nuño, da man da ESAD de Galicia

Medea unha e todas
Montaxe da ESAD de Galicia de 'Medea, unha e todas', de Noelia Nuño. Fonte: Duvi.

A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, inicia hoxe a programación da súa 27ª edición no Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo ás 18.30 horas con Medea, unha e todas, de Noelia Nuño, da man da Escola Superior de Arte Dramática, ESAD, de Galicia. O programa inclúe un total de cinco obras de compañías galegas e internacionais.

Despois da xornada inaugural de hoxe, a MITEU continuará a súa programación mañá, xoves 24 de abril, con Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño, posta en escena pola Aula de Teatro do campus de Pontevedra; o 

As obras

Medea, unha e todas, que pon en escena ESAD de Galicia, é unha revisión contemporánea e combativa do mito clásico, “na que Medea deixa de ser só unha personaxe para converterse nun símbolo colectivo”, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo, Duvi. Coa dirección e dramaturxia de Noelia Nuño e a interpretación de Lucía Costas, Lucía Fernández e Juan Diego Comesaña, a peza, a partir de textos de Eurípides, Séneca e Manuel Lourenzo, “cuestiona con forza as estruturas de poder que historicamente someteron ás mulleres, ás estranxeiras e a todas as que non encaixan”.

A montaxe de Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño, feita pola Aula de Teatro do campus de Pontevedra está dirixida por Salvador del Río, e “comeza cun mozo falecido por morte violenta, aínda que realmente a obra arranca dous anos despois, cando alguén, supostamente xornalista, intenta aclarar a verdade”.

Ludovico 2.5 é unha dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada libremente n’A laranxa mecánica de Anthony Burguess, posta en escena polo Grupo Maricastaña da Aula de Teatro do campus de Ourense que ofrece ao público “unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia. Como mesturar sociopatía con ironía, psicopatía con humor negro, reflexión con diversión ou punk con Beethoven”.

Luchadoras é unha peza de Carla Novi, quen tamén dirixe e interpreta esta montaxe “que reflexiona arredor de ata onde estamos dispostos a chegar na nosa loita por conseguir o que queremos”. Trátase dun “drama social protagonizado por Mara, unha loitadora mexicana que durante anos non puido avanzar na súa profesión ao non cumprir coas regras sexualizadas da loita feminina”.


Publicidade

Luchadoras Carla Novi
‘Luchadoras’, de Carla Novi. Fonte: Duvi.

Por último, a posta en escena de Divinas Palabras, de Ramón María del Valle-Inclán está dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, e nela “unha ducia de actrices e actores da Aula de teatro do campus de Vigo darán vida ao drama protagonizado por seres marxinais e no que a acción xira arredor da familia dos Gailos”.

A Mostra

A Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, nos campus de Vigo e Pontevedra está organizada por Teatro de Ningures e a Universidade de Vigo.

Cartel 27 MITEU Diego Seixo
Cartel da 27ª MITEU de Vigo, feito por Diego Seixo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DEBUT, de Rosa Romero. Imaxe de Álex Sobrino.

DEBUT

El show de Ignatius Farray horizontal

A MITEU arranca hoxe tamén en Ourense