in

Vigocultura arranca a programación de outono que contará con 37 funcións

Vigocultura
Imaxe de David del Val || Soy una nuez, de Zum-Zum Teatre
O programa está composto por 22 compañías que realizarán un total de 37 funcións, con 22 espectáculos diferentes e 28 días de programación que se desenvolverá durante 2 meses: desde o último fin de semana de setembro ata o último de novembro. 
 
Vigocultura presentou a programación da recta final de 2021, que abarcará desde o mes de setembro ata finais de novembro. O Auditorio Municipal de Vigo, que en circunstancias de normalidade sanitaria ten unha capacidade para 285 persoas, continuará reducido a 81 espectadoras, garantindo a distancia interpersoal e uso de máscara a partir dos 6 anos de idade. Ante a situación de aforos reducidos, Vigocultura realizará dous pases para cada espectáculo para público adulto os venres e sábados (20.00 h), e dúas funcións os domingos nos espectáculos familiares, en horario de mañá e tarde (12.30 e 18.00 h).
 

A programación, indican desde o Concello vigués, “segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por teatro, danza, bebés e máis circo que nunca”. Compañías galegas coma Voadora, Pedras de Cartón ou Amorodio Teatro, e artistas estatais coma La_Compañía exlímite, Adrián Conde, Yllana ou Zum-Zum Teatre, entre moitas outras, pisarán as táboas do Auditorio vigués.

Os prezos das entradas dos espectáculos para público adulto serán entre 8 e 10 €, e os dirixidos a público familiar de 5 €. A venta de entradas e abonos comezou o pasado xoves 2 de setembro a través da web de Giglon e na libraría Librouro. Os billetes para días soltos poderán adquirirse anticipadamente, sen gastos de xestión, nos devanditos puntos de venda e no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día do espectáculo.

 

Programación Vigocultura

[3d-flip-book id="23097" ][/3d-flip-book]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Poeta en Nova York' da Cía. Teatro Baixo da Area. Programada na 13ª edición do FITO 2020

O Festival Internacional de Teatro de Ourense convoca cinco bolsas de creación

Foto Freixo 2 |

Feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas de Freixo de Espada à Cinta