Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Marta Núñez | Programadora VigoCultura

Marta Núñez: “Unha administración non pode buscar rendibilidade na programación cultural porque é un deber e un dereito para todos e todas”

Nos últimos meses, a programación teatral converteuse nun traballo de infarto e como responsable da programación de artes escénicas Vigocultura desde 2008, Marta Núñez vive en primeira persoa as súas esixencias. Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña e funcionaria do Concello de Vigo desde hai vinte anos, Núñez leva traballando na Área de Cultura […]