in , ,

O 32 FETEGA concédelle o Premio ao Mellor Espectáculo a ‘Bailar agora’ de Marta Alonso Tejada

'Bailar Agora'. Foto Mila Ercoli
'Bailar Agora', de Marta Alonso Tejada, que gañou o Premio ao Mellor Espectáculo na pasada edición do FETEGA. Imaxe de Mila Ercoli.

O martes 7 de setembro rematou a 32 edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño (FETEGA). Unha edición máis reducida ca do ano anterior por cuestións orzamentarias. Non obstante, contou coa estrea da última produción do Centro Dramático Galego, Serva me Servabo te.

Ademais desa novidade, o xurado dos Premios Dorotea Bárcena do FETEGA, formado por Luma Gómez, Eduardo Alonso e Miquel Ínsua, decidiu concederlle o Premio ao Mellor Espectáculo desta edición á peza de danza contemporánea Bailar Agora de Marta Alonso Tejada. Unha das que optan, tamén, a máis candidaturas nos Premios María Casares que se van dar a coñecer esta mesma semana.

O Premio Dorotea Bárcena á Mellor Actriz foi para Victoria Teijeiro e ao Mellor Actor para Xurxo Cortázar, polas súas interpretacións en O Premio de A Quintana Teatro.

Publicidade

Do ciclo de Monólogos Cómicos que programa o festival, o Premio á Mellor Monologuista deste ano foi para Marta Doviro polo show titulado Memorias dunha rapasa na costa.

Na gala de clausura, conducida pola actriz Arantxa Treus, gañadora na pasada edición do galardón á Mellor Monologuista, tamén se entregou o Premio de Honra do FETEGA a Marta Núñez Aboy, técnica de actividades culturais e educativas da área de cultura do Concello de Vigo, encargada da programación de espectáculos do Auditorio Municipal. Esta distinción élle concedida pola intensa actividade en favor das artes escénicas que leva desenvolvendo no seu cargo, especialmente nos tempos de pandemia.

Carlos Ledo, director do FETEGA, destacou que houbo unha recuperación da asistencia ao teatro con respecto á edición anterior, aínda limitada polas restricións. Tamén sinalou que o FETEGA recolleu a luva respecto á advertencia do último informe do Consello da Cultura Galega, que indicaba a necesidade de programar máis danza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A lúa vai encuberta

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante estrean ‘A lúa vai encuberta’ en Ourense

Marta Núñez de Vigocultura

Marta Núñez recibe moi emocionada o Premio de Honra do Fetega 2021