in

A erregueté chega ao seu número 100

Erregueté Revista Galega de Teatro e Artes Escénicas de Galicia
Ocio, cultura, programación teatral en Galicia, entrevistas, crítica de espectáculos, opinión cultural, información cultural.

Faino editando un volume especial que xa está á venda na web da Librería Abrente.

 

A Revista Galega de Teatro celebra este outono o seu 37 aniversario editando un volume moi especial co que conmemora a chegada ao seu número 100. Nestes tempos incertos de suposta “nova normalidade” viuse como a cultura volveu ser un dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da situación sanitaria e, porén, tamén se constatou como a cultura segue a servir para acurtar distancias e achegarnos, especialmente nos momentos máis complicados.

Por todo iso, e a pesar das dificultades, a erregueté | Revista Galega de Teatro non detivo a súa actividade, querendo manter o seu compromiso á hora non só de documentar o feito escénico senón tamén de ofrecer un espazo para o achegamento ás (e entre) creadoras e creadores e o seu traballo, e para a reflexión arredor de onde vimos, onde estamos e a onde podemos e queremos ir, tanto na escena galega como tamén neste medio de (encontro e) comunicación arredor dela.

Esta publicación especial, que vén de saír do prelo e xa está a venda, reforza as seccións habituais da revista nesa liña de reflexión e conversa, ademais de incluír un novo apartado específico, “Especial 100”, onde se ofrece unha ollada da evolución da publicación nas últimas décadas, así como o seu diálogo co panorama escénico dos últimos tempos. Como recolle Vanesa Sotelo no editorial que abre a revista, dentro do número é posible viaxar na nosa historia e pasar da década de 1920 co teatro do Grupo Nós a proxectar o horizonte teatral de 2030, tal e como propón o Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego. Este número 100 da erregueté tamén presenta un amplo abano de conversas entre creadoras dentro da sección “Entrevistas”, así como un nutrido conxunto de artigos que abordan desde a cuestión do teatro para a infancia ao teatro de monicreques, pasando polo estado da crítica teatral e a importancia de contar cun plan das artes escénicas en Galicia.


Publicidade

Ademais, no volume, que conta na portada cunha ilustración do pintor galego Antón Pulido, deseñada exclusivamente para a revista, inclúense dous novos textos de creación, que se suman á colección de Dramaturxia Contemporánea da erregueté: Os Satélite, de Ricard Gázquez, obra gañadora do XLIV Premi Born de Teatre, na tradución de Tamara Andrés; e Materna, de Xesús Pisón.

 

Subscríbete á erregueté | Revista Galega de Teatro para recibir este e os próximos números da revista no teu domicilio, ou consigue o teu exemplar na web da Librería Abrente.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hamlet

Hamlet

Feminíssimas

De Ste Xeito estrea ‘Feminíssimas’