Irreverencias, a nova sección de opinión de Irene Moreira na erregueté | Revista Galega de Teatro, achegará notas, e outras crises da dirección de escena, para xerar debate e conversas nas tabernas telemáticas.
Etiqueta: Dramaturxia
Aberto o prazo do IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para adolescentes
Un certame que nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por estudantes do ensino secundario.
Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria
Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.
A ESAD de Galicia e a Deputación de Pontevedra convocan o I Certame Microteatro da Memoria
O I Certame de Microteatro da Memoria busca estimular a escrita de pezas teatrais breves cuxo eixe temático sexa a memoria histórica. Podes consultar aquí as bases da primeira edición organizada pola ESAD e a Deputación de Pontevedra.
A erregueté chega ao seu número 100
A pesar das dificultades destes tempos incertos, a erregueté | Revista Galega de Teatro non detivo a súa actividade, querendo manter o seu compromiso á hora non só de documentar o feito escénico senón tamén de ofrecer un espazo para o achegamento ás (e entre) creadoras e creadores e o seu traballo, e para a reflexión arredor de onde vimos, onde estamos e a onde podemos e queremos ir, tanto na escena galega como tamén neste medio de (encontro e) comunicación arredor dela.
O dramaturgo galego Francisco Javier Suárez Lema recibe o Premio LAM de Teatro 2020
Gañou este certame, convocado pola Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible para textos teatrais de temática LGTBIQ+, coa peza Afuera están los perros. Francisco Javier Suárez Lema (Corcubión, 1979) vén de gañar o XIV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez (Premio LAM 2020) que convocan anualmente a Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible co […]
Convocatoria Eurodram 2018-2019
A convocatoria para textos traducidos da rede Eurodram ten aberto o seu prazo de recepción de propostas ata o 31 de decembro de 2018. Unha vez avaliadas as candidaturas, as pezas seleccionadas daranse a coñecer o 15 de marzo de 2019. Poden concorrer a esta convocatoria da rede de tradución teatral Eurodram os textos traducidos […]
O programa Eurodram escolle obras para traducir a outras linguas
Obxectivos A rede de tradución teatral en linguas europeas, mediterráneas e asiáticas centrais, EURODRAM dá a coñecer ao gremio teatral, así como ao público en xeral, traballos previamente inéditos, prestando especial atención á diversidade lingüística. Para esta tempada 2017-2018, cada comité selecciona textos dramáticos na súa lingua orixinal. As comisións A rede conta con […]