in

A ESAD de Galicia e a Deputación de Pontevedra convocan o I Certame Microteatro da Memoria

Certame Microteatro da Memoria | ESAD e Deputación de Pontevedra

O certame consiste na escrita de pezas teatrais curtas que centren a súa temática arredor da memoria histórica. O prazo de presentación de orixinais remata o 11 de decembro.

 

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a Deputación de Pontevedra veñen de asinar un acordo de cooperación para convocar o I Certame de Microteatro da Memoria coa fin de estimular a escrita de pezas teatrais breves cuxo eixe temático sexa a memoria histórica, de acordo coas seguintes 

Publicidade

 

BASES

Participación

Poderá presentarse calquera persoa que así o desexe.

As pezas e o premio
As pezas son curtas, estilo libre, en lingua galega e temática sobre a memoria histórica pensadas para un formato de microteatro. Convócase un único premio dotado de 500€.

Prazo e presentación
O prazo de presentación é dun mes natural dende o día da públicación da convocatoria nas canles oficiais da deputación e a ESAD de Galicia. A presentación das pezas é telematica ao correo electrónico [email protected] dentro do prazo establecido (ata ás 00:00 h. do último día) e co asunto “Microteatro da memoria”. No mail irán dous documentos; un ca peza co título e o pseudónimo no nome do arquivo e o outro a plica onde porá no nome do arquivo o lema e/ou pseudónimo e dentro conterá os datos persoais (Nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico). O tipo de letra Arial tamaño 11 cun interlineado de 1.5. e cunha extensión máxima de 20 folios a unha cara.

Xurado
O xurado estará conformado pola coordinadora de Normalización Lingüística da ESAD, un docente da ESAD e unha persoa que designe a Deputación.

Difusión e dereitos de autoría
O Certame, a través das entidades que o organizan, posúe os dereitos da autoría para uso escénico no ano seguinte ao de saber a gañadora ou gañador, sempre no ámbito académico e sen prexuizo de outras cesións de uso.

Protección de datos
A Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) dispón a adaptación do ordenamento español ao RXPD preservando o principio de seguridade xurídica e procurando unha regulación interna complementaria para facer plenamente efectiva a aplicación do RXPD. Unha vez coñecida a gañadora ou gañador comunicarase no prazo dos quice días seguintes ao remate do prazo de presentación e eliminaranse as demais propostas enviadas ao certame.

 

Publicidade

+ Info: https://www.depo.gal/premio-aberto-de-microteatro

 

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CircoRed

IV Congreso CircoRed en Santiago de Compostela

Escenas do cambio 2021

A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación