in

IV Congreso CircoRed en Santiago de Compostela

CircoRed

O encontro anual do sector profesional do circo celebrarase do 23 ao 25 de novembro desde a Cidade da Cultura en formato online.

Por carto ano consecutivo, CircoRed (Federación de Asociacións de Profesionais de Circo de España) reúne ás artistas circenses de todo o estado co obxectivo de reflexionar, aprender e traballar de xeito conxunto no crecemento do sector.

No marco do V Encontro D10! para a Formación e Innovación en Circo que organiza a compañía galega Pistacatro, e coa colaboración da Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG), o congreso vaise desenvolver en Santiago de Compostela entre o 23 e o 25 de novembro de xeito virtual por mor da situación sanitaria actual. Este enfoque online, oposto ao das anteriores edicións, permite que os máis de 600 profesionais que integran CircoRed poidan seguir as mesas redondas, obradoiros e demais actividades que se desenvolverán na Cidade da Cultura.


Publicidade

Programa completo IV Congreso CircoRed


Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Armazenados | Jimmy Núñez

Armazenados

Certame Microteatro da Memoria | ESAD e Deputación de Pontevedra

A ESAD de Galicia e a Deputación de Pontevedra convocan o I Certame Microteatro da Memoria