Escenas do cambio 2021

A sétima edición do Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.