Esta fin de semana desenvolveranse unha trintena de actividades relacionadas coa cultura que se poderán seguir en aberto dende a web do festival e que seguirán estando dispoñibles durante un ano para a súa consulta.
Etiqueta: Xesús Pisón
Só un home bo
Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa.
Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais
Os obxectivos principais do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais son incentivar a escrita dramática en galego a través da edición da peza gañadora, así como garantir a súa montaxe profesional por medio dun concurso público aberto para calquera compañía teatral de Galicia.
Alborada de Edipo
Alborada de Edipo, de Xesús Pisón, é un volume moi interesante, que ten a virtude de dar que pensar e dar que falar (ou escribir), e nesa dirección cumpre coa finalidade formulada na súa contracapa, ao destacar a “ansia de procura, de encontro e de debate”. En efecto, un traballo que revolve, por dentro e por fóra, pois desafía, procura confrontación. Contra a indiferenza.
A erregueté chega ao seu número 100
A pesar das dificultades destes tempos incertos, a erregueté | Revista Galega de Teatro non detivo a súa actividade, querendo manter o seu compromiso á hora non só de documentar o feito escénico senón tamén de ofrecer un espazo para o achegamento ás (e entre) creadoras e creadores e o seu traballo, e para a reflexión arredor de onde vimos, onde estamos e a onde podemos e queremos ir, tanto na escena galega como tamén neste medio de (encontro e) comunicación arredor dela.
Laiovento edita ‘Alborada de Edipo’, de Xesús Pisón
Edicións Laiovento vén de publicar Alborada de Edipo, un ensaio de Xesús Pisón que deita unha mirada sobre a figura creada por Sófocles. Despois de Sófocles terlle dado forma canónica ao tema ou, mellor dito, ao misterio de Edipo, sucédense ao longo da Historia de Europa, e de forma máis ou menos continua, outras […]
A ADE publica ‘Velenos’, de Xesús Pisón, en versión bilingüe
A ADE – Asociación de Directores de Escena de España publica na colección ‘Premios de Teatro Rafael Dieste’, a edición bilingüe (galego e castelán) de Velenos, de Xesús Pisón. Xesús Pisón xa era un dos autores mellor considerados do teatro galego cando, en 1994, recibiu por segunda vez o Premio de Teatro Rafael Dieste, nesta […]