in

A ADE publica ‘Velenos’, de Xesús Pisón, en versión bilingüe

Xesús Pisón
A ADE – Asociación de Directores de Escena de España publica na colección ‘Premios de Teatro Rafael Dieste’, a edición bilingüe (galego e castelán) de Velenos, de Xesús Pisón.

 

PisonVelenos |Xesús Pisón xa era un dos autores mellor considerados do teatro galego cando, en 1994, recibiu por segunda vez o Premio de Teatro Rafael Dieste, nesta ocasión por Velenos.

Trátase dun díptico no que a incomunicaicón, a frustración e a incapacidade para entenderse “envelenan” aos personaxes. En “Como Jekyll y Hyde”, Carlos sente o seu fracaso como autor e introdúcese no despacho de Adolfo, o seu amante e grande escritor, en busca de algo con que gañar un premio literario. E en “A Vía Láctea”, a través dunha técnica de monólogos enfrontados, desvélase o fracaso dun matrimonio, incapaces El e Ela de darlles saída ás súas ambicións e inquitudes.

Publicidade

Un texto inquietante que confronta as contradiccións das nosas relacións, e que se publica agora en edición bilingüe, coa tradución ao castelán e estudo de Inmaculada López Silva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Atlantica2020 |

O Festival Atlántica encherá Galicia de contos do 11 ao 20 de marzo

SoXampatitoPato |

Xampatito Pato triunfa en FETEN con ‘Só’