Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: I Congreso Internacional do Teatro Galego
A erregueté chega ao seu número 100
Faino editando un volume especial que xa está á venda. A Revista Galega de Teatro celebra este outono o seu 37 aniversario editando un volume moi especial co que conmemora a chegada ao seu número 100. Nestes tempos incertos de suposta “nova normalidade” viuse como a cultura volveu ser un dos sectores máis afectados polas […]
O Congreso do teatro Galego clausurouse cunha homenaxe a Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada
Todas as sesións do Congreso estarán dispoñibles para a súa consulta, a partir do día 15 e durante un mes, na plataforma culturaenvivo.com, a través da se que retransmitiu toda a actividade durante estes días. | Foto: Martín Lagoa | O I Congreso Internacional do Teatro Galego clausurouse o pasado sábado 10 destacando que […]
O Congreso do Teatro Galego homenaxea Ernesto Chao, Celso Parada e Gustavo Pernas
Manuel Lourenzo, María Xosé Queizán e Luís Álvarez Pousa serán nomeados Membros de Honra da Academia do Teatro. | Foto: Martín Lagoa | O I Congreso Internacional de Teatro Galego chega mañá á súa fin homenaxeando a tres figuras fundamentais do teatro galego desaparecidas nos últimos tempo. Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada […]
O Consello da Cultura presenta o seu informe sobre as artes escénicas no Congreso do Teatro Galego
O público galego puntúa o seu teatro cun 9,11. Este sobresaliente é para actores, actrices, persoal de dirección e posta en escena. A nota baixa a un 6,88 cando o que se valora é a programación habitual e as instalacións dos nosos teatros e auditorios suman un 7,55. Son algúns dos datos do “Informe sobre […]
O I Congreso Internacional do Teatro Galego comeza hoxe na Cidade da Cultura
Nesta xornada presentarase o Informe sobre o Teatro Galego que elaborou o Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura, e que xerou unha grande expectativa por coñecer as cifras que rexeron a actividade da arte dramática en Galicia nas últimas décadas. O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 […]
María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego
Teatro e cinema mestúranse en escena. En vivo e en directo asistimos á xeración da película que vemos en pantalla. Anacos de documentais e filmes proxectados axudan a contar a vida da grande actriz. Tralo parón provocado pola Covid19, o I Congreso Internacional de Teatro Galego retoma o seu oco na axenda compostelana, e, […]
O I Congreso Internacional do Teatro Galego esgota as prazas presenciais
A inscrición segue aberta para seguir as sesións de xeito virtual a través das canles online que se habilitarán para este fin. O I Congreso Internacional do Teatro Galego vén de pechar a inscrición presencial por completar o aforo da Cidade da Cultura. A partir destes momentos, as persoas que queiran inscribirse podelo facelo […]
O I Congreso Internacional do Teatro Galego celebrarase do 7 ao 10 de outubro en Compostela
A Academia Galega de Teatro, organizadora do Congreso, tomará todas as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para garantir a seguridade de todos os asistentes. O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura e, con lixeiros cambios, co mesmo programa que estaba […]
Tecer e destecer
O 27 de marzo –Día Internacional do Teatro– de 2018, na presentación pública da Academia Galega de Teatro anunciábase, como un dos seus obxectivos fundamentais, a Convocatoria dun Congreso Internacional de Teatro Galego. E velaquí como dous anos despois logrou o seu propósito aínda que, convocado para o mes de marzo de 2020, a súa […]
O Consello da Cultura publica un avance do seu Informe sobre o Teatro Galego
O perfil do público galego é o dunha muller, de 30 a 49 anos, con estudos universitarios e con ingresos relativamente altos, urbana e que non convive con nenos. As persoas que acoden ao teatro van con bastante frecuencia, case 7 veces ao ano. O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre […]
Adiado ata outubro o I Congreso Internacional do Teatro Galego
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado polo que anuncia o adiamento do I Congreso Internacional do Teatro Galego por mor das recomendacións da Organización Mundial de Saúde, as orientacións ditadas pola Xunta de Galicia e as decisións xa tomadas polas autoridades sobre o aforo de espazos públicos para as vindeiras […]
O I Congreso Internacional do Teatro Galego completa o seu programa
Xa se poden descargar do sitio web do Congreso os libros de Conferencias e de Comunicacións, que servirán de base para debater sobre o sistema teatral de Galicia e sobre o seu futuro. O I Congreso Internacional do Teatro Galego, que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, do 25 ao […]
O Congreso do Teatro Galego quere establecer un plan estratéxico e unha lei do teatro
Onte presentouse aos medios o programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego, que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo de 2020 na Cidade da Cultura. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, participaron Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Juan Rivas, presidente do Consello territorial da SGAE, […]
Chamamento para contribucións ao I Congreso Internacional do Teatro Galego
A Academia Galega de Teatro convoca –coa colaboración do Consello da Cultura Galega, as tres universidades galegas, a Xunta de Galicia e as principais asociacións profesionais do medio, entre outros moitos colectivos e institucións– o I Congreso Internacional do Teatro Galego, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os día 25 e 28 de […]