Os encontros da Lonxa Literaria de Moaña seguen a incorporar faladoiros arredor de libros de textos teatrais dentro da súa programación. Esta tarde, ás 20.30 horas, acollerán un coloquio arredor da peza A nunca vista, de Ana Abad de Larriva, gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia en 2023, na súa 17ª convocatoria, e editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Será na Biblioteca de Quintela, en Moaña, e contará coa presenza da autora e unha lectura dramatizada de fragmentos da obra. A erregueté | Revista Galega de Teatro colabora coa Lonxa Literaria de Moaña na organización destes encontros arredor de libros de teatro, para contribuír á difusión da literatura dramática galega contemporánea; uns eventos que adoitan contar coa presenza das autoras e autores e coa lectura dramatizada de partes das pezas. Rubén Ruibal, Santiago Cortegoso, Roi Vidal Ponte, Marcos Abalde, Vanesa Sotelo son algúns dos nomes que xa participaron nestes encontros.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



