in ,

A MITCFC acolle a VII edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia

Participan nela Deborah Vukusic, Ana Abad de Larriva, Manuel Cortés e José Luis Baños de Cos

Raquel Castro gaña o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia
Raquel Castro foi a gañadora do VI Torneo de Dramaturxia de Galicia. Imaxe de Estudio Prolight

O Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas será esta noite o escenario do VII Torneo de Dramaturxia de Galicia, un proxecto pioneiro que xa se consolidou como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a dramaturxia galega, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Detrás da organización deste proxecto están Santiago Cortegoso e Esther F. Carrodeguas, dende DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega; e a propia Mostra. O Torneo conta tamén coa colaboración do Centro Dramático Galego.

Deborah Vukusic, Ana Abad de Larriva, Manuel Cortés e José Luis Baños de Cos son as dramaturgas e dramaturgos participantes nesta edición. Despois de escribir un texto arredor do tema “Estupidez artificial” cunhas premisas temporais e de posta en escena comúns dadas pola organización, esta mesma tarde terán un par de horas para preparar con actores e actrices unha lectura do seu texto. As e os autores non saberán ata esta tarde quen son os actores e actrices cos que traballarán e viceversa.

Cris Iglesias, Eva Jáudenes, Rocío Salgado, Noa Covelo, Marta Pérez, Marián Bañobre, Fran Peleteiro e Martín Maez son o elenco entre o que a organización do Torneo repartirá os papeis dos catro textos. Esta noite, a partir das 22.30 horas o público asistirá ao combate dramatúrxico sen saber a que autor ou autora corresponde cada texto e votará súa peza preferida.

Os textos desta edición, así como os das anteriores, editados por Edicións Positivas, estarán á venda ao remate do Torneo.

Sinopse

Unha mestra de cerimonias única presentará este furioso combate no que catro recoñecidas dramaturGAS e dramaturGOS de Galicia bátense na procura do voto do público. As armas a usar? Retruques da palabra, ideas, ritmos, conflitos, sorpresas, accións, silencios.


Publicidade

O público asistirá a catro lecturas dramatizadas, interpretadas por actrices e actores profesionais de recoñecido prestixio, e será o propio público quen vote os textos que máis lles gustasen para que, de entre as catro pezas participantes, resulte unha soa a gañadora. Un espectáculo teatral, divertido e único que se verá avivado pola participación activa do público.

 

Ficha artística

  • Mestra de Cerimonias: Esther F. Carrodeguas.
  • Combatentes: Deborah Vukusic, Ana Abad de Larriva, Manuel Cortés e José Luis Baños de Cos.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Sol Picó e Miquel Marilach nos saúdos ao remate de 'Malditas plumas' no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela, 40ª MITCF de Cangas. Foto: Afonso Becerra

A vedete e a corista na 40ª MITCF de Cangas

Torneo Deborah Vukusic

Deborah Vukusic gaña o VII Torneo de Dramaturxia de Galicia